Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O alumnado de 4º de ESO da materia IAEE participou, este 25 de marzo, na charla sobre a iniciativa empresarial de José Collazo (www.ameigamarketing.com).

A pandemia foi o momento elixido para lanzar a súa empresa. Leva nove meses en Carballo, desde Carballo, facendo o que mellor sabe facer: axudar ás empresas para vender os seus produtos en liña. Entre os fitos máis relevantes que nos sinalou, a preguntas do alumnado, foi o construír unha páxina web para unha empresa localizada en Estados Unidos.

A charla foi moi participativa e amena. O tempo pasouse nun  click. Queda convidado, por unanimidade, para un novo encontro.