Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

 

INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS

1. NORMAS XERAIS

- Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala; ademais de panos de papel e xel hidroalcólico individual.
- Ningún alumno poderá saír do centro durante o recreo. Isto aplícase en particular ao alumnado menor de idade. O alumnado de bacharelato non pode saír do centro.

 

2. CONVIVENCIA

Terá a consideración de condutas leves contrarias á convivencia (apercibimento disciplinario) os supostos de incumprimento polo alumnado do uso da máscara nos tempos e lugares que sexan obrigatorios e o incumprimento das instrucións do profesorado. (Apartado 3.10 Protocolo COVID-19 31/08/2020).

 

3. TITORÍA E COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

Os medio de comunicación do centro coas familias serán; páxina web do centro, AbalarMóbil, Aula virtual e comunicación telefónica. Solicitarase cita previa no teléfono do centro para a comunicación coas persoas titoras.
As titorías serán preferentemente por teléfono ou videoconferencia. No caso de que a presenza das familias no centro sexa absolutamente necesaria, pedirase cita previa.

 

 

Actuación en caso de sospeita de contaxio dun alumno/a no domicilio familiar:

 

 

  1. NON ACUDIR AO CENTRO.
  2. Poñerse en contacto co centro de saúde de Carballo. Teléfono: 981702517.
  3. Preguntar por:
    • Antonio Bello González
    • Silvia Vázquez Pérez
  4. En caso de non obter comunicación nese teléfono.
    • Chamar ao Punto de Atención Continuado de referencia.
    • Ou ben chamar ao 061
  5. Xustifícase a falta do alumno/a mediante a Solicitude de xustificación de faltas de asistencia a clase, que está na páxina web do centro. Non é necesario xustificante médico.

 

DOCUMENTOS PROTOCOLO COVID:

Acceso á web do SERGAS: https://coronavirus.sergas.gal/