Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Este venres día 29 de novembro o alumando de TIC de 1º de bacharelato fixeron unha saída co profesorado da materia, Leticia e Juan, ao X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica de Igaciencia que tivo lugar no IES Menéndez Pidal de A Coruña e na que participaron outros centros de toda Galicia. A pesar de facelo moi ben, non puideron acadar ningún premio.
Despois de participar no concurso, foron visitar a Facultade de Informática onde asistiron a unha visita guiada feita por Verónica Bolón, pertencente ao Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na que lles explicou as diferentes titulacións que se imparten, as saída profesionais así como algunhas das instalacións da Universidade e sobre todo a importancia de que as mulleres deixen de ver esta carreira coa estigma de friki e vexan que poden aportar grandes cousas.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos