Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O alumnado de 1º de ESO e 2º de Bacharelato do noso centro participou na actividade programada polo FIOT (Festival Internacional de Outono de Carballo) coas seguintes obras :
  • 1º ESO    
    • Título da obra: Saltimbanqui 
    • Grupo: Xa era hora! 
    • Integrantes:  Xulia, Fran, Kiara, Miguel Alejandro e Mario 
  • 2º Bacharelato 
    • Título da obra:  Un berro na escuridade. 
    • Grupo: Espartanas 
    • Integrantes: Juan, Andrea, Aida, Uxía, Saray, Irene e Elena.
           
A actividade foi organizada polo EDLG e o Departamento de Lingua galega.  Todos eles fixérono xenial. Tiveron a oportunidade de visitar as instalación de Radio Voz onde se realizaron as gravacións  que escoitaremos o día 10 de decembro. Contamos coa axuda inestimable da nosa compañeira Leticia Riestra, profesora de Informática.
 
PARABÉNS e moita SORTE!!!!!!!!!!!! Agora só falta o veredicto do xurado.   Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!!!!!
 
A continuación, podedes ver algunhas fotos do alumnado durante a súa intervención. Os de 1º ESO ata tiveron o pracer de despedir o programa xunto co locutor da radio!!.
 
 
1º ESO despedindo o programa

 

 
1º ESO antes da súa intervención

 

 
2º Bacharelato antes da súa intervención
 
 
E por último, podedes ver un vídeo coa gravación do alumnado de 2º bacharelato nas instalacións de RadioVoz durante a súa representación.