Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O noso instituto participou no concurso deste ano que tivo lugar en Laracha.

Os tres equipos foron : IES Laracha, IES Maruxa Mallo (Ordes) e IES Isidro Parga Pondal (Carballo).

Cada un deles estaba composto por seis parellas de alumnos de 4º ESO. O evento abriuse con actuacións musicais de rapaces e rapazas de todos os centros.

O noso equipo obtivo a segunda posición, resultado estupendo tendo en conta que era a nosa primeira participación no concurso.



Congratulations to all!!