Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Os obradoiros teran lugar na Casa da Xuventude: R/. Valle Inclán, 24. Poden apuntarse todos os xóvenes que estén interesados/as. Con enviar un email a espazoxovecarballo.xuventude@xunta.es  co nome, apelidos, idade e un email ou teléfono de contacto xa quedas anotado/a.

Ofertanse os seguintes obradoiros:

OBRADOIRO MURALISTA

Técnicas de muralismo para xovenes. Elaboración de un mural en instalación do Espazo Xove. Tódolos lúns de Abril a Maio de 2018. De 17,30 horas a 19,30 horas.Comezo LUNS 9 DE ABRIL

 

OBRADOIRO MÚSICAS URBANAS

O alumnado aprenderá a traballar de forma creativa con ferramentas de son, programas de composición dixitais e instrumentos DJ. Enfocado dende as bases das músicas urbanas (Rap, Dubstep, Funky e Reggae). Imparte Dj Jas Processor. Tódolos luns de Abril, Maio e Xuño. De 17,30 h. a 19,30 h. Comezo LUNS 9 DE ABRIL

OBRADOIRO DE TEATRO

Técnicas de mimo e clown. Expresividade, improvisación, traballo de elenco, creación individual e grupal. Tódolos mércores de Abril. De 18,00 horas a 20,00 horas. Comezo MÉRCORES 18 DE ABRIL

 

OBRADOIRO DE ORATORIA E TÉCNICAS PARA FALAR EN PÚBLICO

Perda do medo a falar en público. Expresión verbal. Manexo da voz. Presentación de temas, exposición e linguaxe corporal. Tódolos xoves de Abril. De 17,30 horas a 19,30 horas.  Comezo XOVES 12 DE ABRIL