Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2017- 2018

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

  • Do 1 ao 20 de marzo ata as 14:00h.

Só presentarán e se recollerán:

• anexo II (ver Modelo ED550B nos adxuntos; ou aquí para a tramitación presencial; ou aquí para a tramitación en liña)

• copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta

• documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a

• documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa

• convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS (CANDO O NÚMERO DE SOLICITUDES SEXA MAIOR AO DAS PRAZAS OFERTADAS):

  • Do 23 de marzo ao 5 de abril ata as 14:00 horas.

Cando haxa máis solicitantes que prazas ábrese este prazo para presentar documentación xustificativa dos criterios de baremo. Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática destes datos.

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON-ADMITIDOS:

  • Antes do 25 de abril

Publicación das puntuacións totais despois de informar ao Consello Escolar. Despois de publicar hai 5 dias hábiles para reclamar contados a partires do día seguinte da súa publicación, pero sen poder entregar ningún documento complementario para acreditar criterios do baremo non contemplados na solicitude inicial.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON-ADMITIDOS:

  • Antes do 15 de maio

Publicación das puntuacións totais definitivas despois de informar ao Consello Escolar. 

Contra a relación definitiva as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

FORMALIZACIÓN DA MATRICULA:

  • Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo ESO e bacharelato (anexo III)

 

INFORMACIÓN: (Art.13.d da orde do 12 de marzo do 2013)

• Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro que solicite praza no primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade.

• O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro deberá comunicalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe

• O alumnado que ten reservada praza nun centro se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva.

CENTROS ADSCRITOS 

  • CEIP Bergantiños
  • CEIP Canosa-Rus
  • CEIP Razo.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

  • Transporte escolar e comedor.

HORARIO DO CENTRO:

  • De luns a venres de 09.00 h. a 14.00 h.