Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O luns 3 de xuño ás 18:30h, levarase a cabo no  IES Isidro Parga Pondal un obradoiro  impartido  por  Sonia  Martínez,  psicóloga  e  sexóloga,    onde  ten como tema principal a adolescencia e os seus cambios.

Ao longo da charla recoñeceremos que é a adolescencia e cales son os seus cambios principais, as súas necesidades básicas e veremos como podemos acompañarlles sen perder de vista a diversidade, ademais de coñecer como podemos poñer os límites que precisan.

Polo que estaremos encantados de recibirvos.