Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O alumnado de 4ºESO interesado en cursar ciclos medios de formación profesional, vai acudir hoxe ao Recinto Feria Internacional Abanca de Silleda para ver o Galicia Skills 2023.

Organizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional, Galiciaskills 2023 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia.

Así, este ano celebran o 7º Campionato Galego de Formación Profesional que é un campionato eminentemente práctico, consistente no desenvolvemento de 27 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante porá a proba as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos vinculadas a súa área de formación.

Ademais das competicións oficiais, desenvolveranse simultaneamente 8 competicións en formato exhibición para alumnado de ciclos formativos e 4 competicións destinadas a alumnado de programas formativos básicos.

No noso caso acudimos participando có alumno Gonzalo Cancela Mariño de 2º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, acompañado do seu profesor Diego Terrón na competición de “TI Administración de sistemas en rede”. Participarán todo o mércores e o xoves pola mañá sendo o venres a entrega de premios. Queremos desexarlle desde aquí moita sorte!!

#galiciaskills #fp #formacionprofesional #asir

Gonzalo

Gonzalo participando