Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos de máis prestixio do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo.

O FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes enteiro de programación, con máis dunha trintena de espectáculos e ducias de actividades paralelas, convertendo a Carballo na capital das artes escénicas do país.

Este ano, a ilustradora galega nada en Carballo Laura Tova firma o cartel do FIOT, cunha ilustración que mostra unha aperta colectiva para avanzar a filosofía do encontro de artes escénicas de referencia de Galicia nesta nova edición: a loita contra a intransixencia a través de personaxes que representan a empatía, o agarimo, o afecto… e que se funden nun abrazo diverso no que a Cultura e Carballo son tamén protagonistas.

Con FioTEEN, reúnen propostas específicas para os adolescentes, presentando as obras en primicia no auditorio con funcións só para o alumnado.

As datas nas que o noso alumnado vai a asistir ás funcións de teatro co gallo do FIOT 32 son as seguintes:
- 4 outubro coa función “Apaga o candil” para o alumnado de 3ESO.
- 24 outubro coa función “Puños de harina” para o alumnado de 1BAC e 2BAC.
- 23 novembro coa función “Alma de tigre” para o alumnado de 4ESO.

Cartel FIOT 32