Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Educación básica para persoas adultas (EBI)

 

As ensinanzas básicas iniciais (EBI) organízanse en dous niveis, I e II, sendo o primeiro dirixido a adquirir as habilidades instrumentais básicas da lectoescritura, do razonamento matemático e do cálculo, e o segundo á consolidación desas habilidades e á preparación para o acceso aos estudos de educación secundaria para persoas adultas (ESA), para seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou para potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

Matrícula:

O período de matrícula está aberto durante todo o curso.

Horario:

12 horas semanais.

 

Solicita máis información no 881 88 03 71