Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Educación Secundaria para persoas adultas (ESA)

Destinatarios:

Maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.

Matrícula:

Xuño/xullo para o primeiro cuadrimestre.
Decembro/xaneiro para o segundo cuadrimestre.

Acceso:

O acceso a estas ensinanzas pode ser:

  • Por superación do nivel II das ensinanzas iniciais.
  • Mediante proba de avaliación inicial.
  • Por validación de estudos previos.

Organización:

Estas ensinanzas son equivalentes ás ensinanzas de educación secundaria obrigatoria polo réxime ordinario (ESO).
Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.

Duración:

Estas ensinanzas poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos. As persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise para a adquisición dos coñecementos establecidos.

Acreditación:


Ao remate do módulo 4, expedirase o título de graduado en educación secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos.

O título de graduado en educación secundaria dá acceso a:

  • Ciclos formativos de grao medio.
  • Bacharelato.
  • Mundo laboral.

Solicita máis información no 881 88 03 71