Skip to Content

Visita do alumnado do IES Elviña a GADISA

     O luns 5 de febreiro o alumnado de Economía de 4º ESO, 1º e 2º BAC visitaron as instalacións da planta loxística de Gadisa en Betanzos. A maior empresa de distribución de alimentos da nosa comunidade.
      Fomos atendidos por Antía Fernández, do departamento de márketing da empresa, quen, logo de explicarnos as principais características da mesma, guiounos polas instalacións e almacéns, no medio dunha frenética actividade de carga e descarga de produtos.

GADIS

MATRÍCULA PARA O CURSO 2022/2023


MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-23

PRAZOS, DOCUMENTACIÓN, INFORMACIÓN

 

   RESERVA DE PRAZA para centros adscritos de primaria (XANEIRO)

   SOLICITUDE DE ADMISIÓN (primaria/secundaria/Bach) (MARZO)          

   MATRÍCULA (XUÑO)

  
NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE

   LEXISLACIÓN aplicable

PRAZOS DE
PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA

     A partir do 11 de xaneiro comezan os prazos para solicitar matrícula en centros de ensino públicos. Os prazos para a formalización da preinscrición e matrícula, marcados por lei na Orde do 12 de marzo de 2013 e modificados este curso pola Orde do 18 de decembro, son os seguintes:


PRAZO 1. ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS (CEIP ALBORADA, CEIP NOVO MESOIRO, CEIP PLURILINGÜE MANUEL MURGUÍA E CEIP SALGADO TORRES
)
Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro:

Lugar de presentación: na secretaría dos centros onde se atopa matriculado neste curso ou na Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.

Antes do 1 de marzo: asignación de prazas e publicación de prazas vacantes nos centros de secundaria.

RELACIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2021-2022

1º ESO123*
2º ESO0
3º ESO0
4º ESO26
1º BACH HUM-CCSS10
1º BACH CIENCIAS25
2º BACH HUM-CCSS5

2º BACH CIENCIAS

16

* O número de vacantes foi actualizado na primeira quincena de marzo 2022 engadindo un novo grupo por orde das autoridades educativas. O número que figuraba anteriormente reflicte as auténticas capacidades actuais do IES, polo que no incrementado (123) cóntase coa vontade de actuación das unidades da Consellería, que teñen a capacidade de garantir a adecuación de novos espazos (que aínda non existen) de calidade docente e a tempo para o inicio do vindeiro curso.

Salientar que en calquera caso todas as persoas que fixeron reserva de praza deben volver a presentar solicitude e toda a documentación durante o actual periodo de admisión (incluíndo a documentación de baremación se fose preciso).

 

Voltar á cabeceira

adorno


PRAZO 2. PRAZO ORDINARIO. ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS E ADSCRITOS SEN PRAZA

Do 1 ao 21 de marzo: solicitude de praza mediante modelo ED550B (Anexo II e Anexo IIbis) (alumnado que quedou sen praza na reserva, alumnado que busca praza nun centro distinto ao de adscrición). Información na páxina da Sede electrónica da Consellería de educación vía on line.

Lugar
:
centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo ou na sede electrónica da Xunta de Galicia vía on line.

Antes do 25 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.

As listaxes de admitidos no proceso de reserva deben comprobarse na aplicación de admisión ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos]

Antes do 15 de maio: listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 As listaxes de admitidos no proceso de reserva deben comprobarse na aplicación de admisión ou in situ no taboleiro de anuncios do centro de ensino de orixe e/ou de admisión [en virtude da actual lexislación de protección de datos] 

PROCESO DE BAREMACIÓN

  Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles, será necesario baremar as solicitudes. Os criterios de baremación son os indicados no Artigo 20 da Orde de 12 de marzo de 2013, que resumimos no seguinte enlace:

CRITERIOS DE BAREMACIÓN 

*  *  * 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO
(art. 28 da Orde de 12 de marzo de 2013)

   Entre os criterios do baremo, o centro ten dereito á adopción dun criterio complementario propio por 1 punto. O IES Plurilingüe Elviña, en Consello Escolar de 13 de febreiro de 2020, validou o seguinte criterio: "acórdase dar un punto ao alumnado que, no último curso que realizou completo, non teña ningunha materia suspensa e obtivese unha cualificación de 8 ou superior na materia de inglés. Para acreditar este criterio o solicitante deberá entregar algún destes documentos: certificación académica do curso correspondente ou boletín final de cualificación orixinal ou fotocopia cotexada".
                                                                              [Aprobado en CE a 30/01/2020]

 Voltar á cabeceira

adorno

PRAZO 3. MATRÍCULA OFICIAL DE XUÑO
Do 25 de xuño ao 10 de xullo: matrícula en ESO e Bacharalato.

Instrucións para a matrícula

Lugar: centro no que se quere matricular ao alumnado o curso próximo.

Voltar á cabeceira

*      *      *

NOTA INFORMATIVA IMPORTANTE

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude de admisión para o centro no que desexe praza. De presentar máis dunha solicitude en varios centros perderá todo dereito de prioridade que puidese corresponderlle en calquera deles.

2. O alumnado que teña reserva de praza concedida en centro adscrito, deberá comunicar por escrito a este centro a súa renuncia no caso de que desexe presentar solicitude de admisión para outro centro. Esta renuncia deberá facela antes de que comece o prazo de admisión (1 de marzo).

3. O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro (porque forma parte de el e pode continuar alí os seus estudos), deberá dar comunicación neste centro se presenta solicitude de admisión para outro centro.

4. O IES Plurilingüe Elviña conta con dúas liñas de transporte escolar e cafetería escolar en horario de 09:00 a 13:30.

Voltar á cabeceira

*      *      *

LEXISLACIÓN E PROCEDEMENTO

    O procedemento de matriculación e os seus prazos está marcado polas seguintes directrices lexislativas:

a. Decreto 254/2012, de 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 26 de decembro de 2012] [DERROGADA POLO DECRETO 13/2022 do 3 de febreiro]
a(bis). Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG do 11 de febreiro de 2022]
b. Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 15 de marzo de 2013]
c. Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 1 de febreiro de 2017]
d. Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 1 de febreiro de 2017]
d. Instrucións sobre o proceso de admisión da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
e. Procedemento de admisión: instrucións da Xefatura Territorial da Coruña para os centros de ensino

Voltar á cabeceira

MATRÍCULA PARA PROBAS DE ACCESO A CICLOS

INFORMACIÓN SOBRE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

    Para o alumnado que teña interese en acudir ás probas oficiais de acceso a ciclos formativos de FP de grao medio e superior, vense de publicar o Borrador da Orde de convocatoria que as regula en todos os seus aspectos (matrícula, organización, realización, estrutura e outros). Para calquera interesado, remítese ao texto completo do borrador da Orde dispoñible no enlace. En todo caso, resúmense a continuación algúns datos de interese sobre calendario, matrícula e características das probas:

 I. CALENDARIO

 

 PROBAS ACCESO
GRAO MEDIO
PROBAS ACCESO GRAO SUPERIOR
Inscrición2 ao 13 de marzo10 ao 19 de febreiro
Listaxes provisionais3 de abril6 de marzo
Reclamacións14 ao 17 de abril9 ao 13 de marzo
Listaxes definitivas8 de maio27 de marzo
Lugares das probas8 de maio27 de marzo
PROBA28 de MAIO23 de ABRIL
Cualificacións provisionais10 de xuño11 de maio
Reclamacións10 ao 15 de xuño12 ao 15 de maio
Cualificacións definitivas22 de xuño1 de xuño
Certificacións nos centrosA partir do 23 de xuñoA partir do 3 de xuño

 

 II. MATRÍCULA, CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS

A. PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Requisito básico: o alumnado deberá ter cumpridos 17 anos ou deberá cumplilos no mesmo ano da realización da proba.

Lugar de matrícula:

a. calquera centro que teña ciclos de grao medio na súa oferta educativa.
b. vía on line desde a plataforma da xunta (www.edu.xunta.es/fp) cubrindo o formulario ED312C (dispoñible a partir da data de inscrición tamén na sede electrónica da xunta sede.xunta.gal). En todo caso, haberá que imprimir o resguardo e entregalo na secretaría dun centro que oferte ciclos.

Importante: o centro no que se entregue a documentación será determinante para a asignación do lugar de realización da proba que corresponda.

Estrutura da proba: a proba consta de tres partes.

a. Parte sociolingüística: proba de lingua castelá, proba de lingua galega e proba de ciencias sociais.
b. Parte matemática: proba de matemáticas.
c. Parte técnico-científica: proba de ciencias naturais e proba de tecnoloxía.

Para aprobar a media das tres partes debe ser superior ao 5. Nengunha parte debe obter calificación inferior a un 4. Poden consultarse modelos de exames dos anos anteriores neste enlace.

B. PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Requisito básico: o alumnado deberá ter cumpridos 19 anos ou deberá cumplilos no mesmo ano da realización da proba.

Lugar de matrícula:

a. calquera centro que teña ciclos de grao medio na súa oferta educativa.
b. vía on line desde a plataforma da xunta (www.edu.xunta.es/fp) cubrindo o formulario ED312D (dispoñible tamén a partir da data de inscrición na sede electrónica da xunta sede.xunta.gal). En todo caso, haberá que imprimir o resguardo e entregalo na secretaría dun centro que oferte ciclos.

Importante: o centro no que se entregue a documentación será determinante para a asignación do lugar de realización da proba que corresponda.

Estrutura da proba: a proba consta de dúas partes.

a. Parte común: proba de lingua castelá, proba de lingua galega e proba de matemáticas.
b. Parte específica (con tres opcións, a escoller a que se desexe):

Opción A. Economía, lingua estranxeira (francés/inglés) e filosofía.
Opción B. Debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.
Opción C. Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

Para aprobar a media das dúas partes debe ser superior ao 5. Nengunha parte debe obter calificación inferior a un 4. Poden consultarse modelos de exames dos anos anteriores neste enlace.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ NO IES ELVIÑA

O CEIP Salgado Torres e o IES Elviña na Xornada mundial da Paz

Paloma    Nun tempo tan adoecido por guerras sanguentas e conflitos bélicos, só aparentemente lonxanos de nós, que os vivimos na distancia das pantallas televisivas e das páxinas dos xornais, a celebración do Día escolar da non violencia e da Paz cos rapaces e rapazas do barrio de Elviña ven tinguida da triste cor da esperanza.

     Unha vez máis, desde o IES Elviña, quixemos facer dunha celebración internacional a oportunidade para irmandar ao noso alumnado co alumnado dalgún dos nosos centros de primaria veciños. Tocoulle turno ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP Salgado Torres, que fixo unha visita ao noso centro, de primeiras, para celebrar connosco a Xornada da Paz, e, de segundas, para botar ollo ás dependencias do instituto que, para moitos deles, será o seu centro de estudos a partir do próximo curso.

 Pombas-01 Pombas-02
 Pombas nas árbores do xardín Pombas nas árbores do xardín

      A parte máis importante da celebración tivo lugar no patio interior do edificio. Alí, os tres grupos de 1º de ESO e os nosos convidados colgaron pombas de papel nas árbores do xardín botánico e cantaron xuntos dous clásicos musicais deste día, que falan de solidaridade e perdón (Color esperanza de Diego Torres e No dudaría de Antonio Flores). Agradecemento cordial ao noso compañeiro Iñaki Tomás, que puxo a banda sonora no cálido son da súa guitarra.
     Tras disto, alumnado e profesorado compuxeron no chan a palabra PAZ en humanas letras maiúsculas e soltouse ao ar unha chea de globos brancos. Perdidos no ceo de inverno -marabillosamente azul para esta ocasión-, os globos levaron polo vento de xaneiro a súa mensaxe de irmandade.

Que chegue ben lonxe!

globos-01Canción
Globos no ceo de invernoO alumnado cantando

Velaquí o vídeo da xornada.

O ALUMNADO DE BACHARELATO NO TEATRO

Representación de Bodas de sangre de Lorca

Lorca     O noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu na última semana de xaneiro a unha representación da traxedia de Federico García Lorca Bodas de sangre nas instalacións do Fórum da nosa cidade. A obra foi representada dentro do marco de representacións escolares ofrecidas pola plataforma Transeduca e realizada polo grupo de teatro afeizoado Corcia. O seu plantel fixo unha recreación intensa da racial e simbólica escritura dramática do xenial autor de Fuentevaqueros. Con seguridade, os nosos estudantes desfrutaron da representación (a pesares do tráxico fin dos amantes...).

Distribuir contido


by Dr. Radut