Skip to Content

Matrícula

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

A día15 de xuño, despois de non recibir ningunha reclamación ás listaxes provisionais, publícanse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no procedemento de admisión para o vindeiro curso 2020-21. Dacordo coas instrucións de inspección educativa, estas listaxes só poden ser consultadas no propio centro de ensino (taboleiro de anuncios de secretaría) ou telematicamente a través da aplicación de admisión se o interesado dispón de certificado electrónico/chave365.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: BAREMACIÓN

ADMISIÓN DE ALUMNADO
(Curso 2020-21)

*     *     *

ABERTO O PERÍODO DE BAREMACIÓN

Por exceso de solicitudes de admisión, o centro terá a obriga de baremar o curso de 1º de ESO. Ata o día 26 de maio, as persoas solicitantes terán prazo aberto para incorporar na súa admisión a documentación acreditativa dos criterios de baremo que solicitaron e non xustificaron no seu momento. Nos demais cursos, as solicitudes presentadas non superaron as prazas dispoñibles e non haberá necesidade de baremar.

Criterios de baremo e documentación necesaria

 

NOVOS PRAZOS PARA O PROCEDEMENTO
DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

PRAZOPROCEDEMENTO
Entre o 11 e o 18
de maio
  Presentación de formularios de admisión polos procedementos
  habituais establecidos na normativa
Entre o 19 e o 26
de maio
  Presentación da documentación acreditativa do baremo
Antes do 9
de xuño
  Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
  (prazo de reclamacións de 3 días desde a publicación das listaxes)
Ata o 26
de xuño
  Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos
Do 1 ao 10
de xullo
  Prazo de matrícula ordinaria (xuño)
Do 1 ao 10
de setembro
  Prazo de matrícula extraordinaria (setembro)

-----------------------------------------------------------------------

MARCO LEGAL APLICABLE

Normativa legal aplicable: Normativa que rexe o procedemento normal de admisión e matrícula (Decreto 254/2012, Orde do 12 de marzo de 2013 e Orde do 25 de xaneiro de 2017)

Modificacións durante o período de emerxencia sanitaria:

"Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21" na Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territoria da Comunidade Autónoma de Galicia [DOG do 6 de maio de 2020]

VACANTES 2020-2021

CURSOVACANTES
1º ESO0* + 12 NEE
2º ESO0
3º ESO12
4º ESO9
1º BACH. CIENCIAS15
1º BACH. CC.SS./HUM.13
2º BACH. CIENCIAS27
2º BACH. CC.SS./HUM.21

*Non se asignaron prazas en período de reserva por superación do número de solicitudes con praza posible.

RESOLUCIÓN DO PROCESO DE RESERVA DE PRAZA

Dacordo co Artigo 12 da Orde do 12 de marzo de 2013, infórmase de que o número de solicitudes de reserva para centros adscritos chegadas en prazo ao noso centro supera ao número de prazas dispoñibles.

Por esta razón, todos os afectados deberán facer solicitude de admisión no centro do seu interese entre o 1 e o 20 de marzo.

Rematado este prazo, de continuar existindo máis solicitudes que prazas, abrirase un período de 10 días para entregar a documentación xustificativa dos puntos do baremo entre o 23 de marzo e o 3 de abril (ámbolos dous incluídos). A resolución provisional de admitidos e excluídos será publicada con data límite de 25 de abril. A resolución definitiva, despois do período de reclamacións, publicarase con data límite de 15 de maio.

Na Coruña, a 27 de febreiro de 2020

 

Formulario de
solicitude
Documentación
necesaria
Criterios do baremo
e acreditación

CONVOCATORIA DO FONDO LIBROS PARA O CURSO 2020-21

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2020/21)

Normativa legal

Prazos de solicitude e presentación

Documentación necesaria

Listaxes provisionais e definitivas

*     *     *

     Publícase a orde da Consellería na que se establecen as bases e prazos para a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e para a solicitude de axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado de ESO no vindeiro curso.

Normativa legal

A normativa legal pola que se rexirá todo o procedemento é a indicada na Orde do 12 de maio de 2020 [DOG do 19 de maio] que se pode consultar completa no enlace de abaixo. Inclúese ademais un extracto da mesma orde coa información máis relevante para as familias e as instrucións para os centros de ensino sobre a organización e tramitación do procedemento do Fondolibros.

Volver a inicio


Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 20 de maio e remata o día 19 de xuño.
  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo de 2019.
  • Alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en FPBásica: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.


Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de secretaría (mañás de 09:30 a 13:30 horas).
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Volver a inicio


Documentación

  • Formularios dos Anexos I e II da Orde cubertos.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
  • Documentación complementaria que corresponda da que se indica no Artigo 12 da Orde. A saber:

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando outros medios (sentenza xudicial de separación ou divorcio, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor/ certificado ou volante de convivencia/ informe de servizos sociais).
- Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resoución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia, no cado de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Volver a inicio

Listaxes do Fondolibros

Listaxes provisionais. De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución provisional con data límite de 10 xullo do 2020. Téñase en conta que o alumnado pendente de examinarse en setembro que ten aínda os libros para preparar as probas de recuperación quedará excluído nas listaxes provisionais ata a súa devolución e posterior matrícula en setembro.
      Os participantes no proceso disporán de dous días para facer alegacións contra as listaxes provisionais.

 

Listaxes definitivas. Publicaranse con data límite de 14 de setembro do 2020.


INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS LISTAXES:
De acordo coas bases da convocatoria e coas instrucións da Consellería de Educación, as listaxes poderán consultarse unicamente a través da aplicación informática ou en persoa na Secretaría do centro. 

Volver a inicio

adorno

DEVOLUCIÓN DE LIBROS. NOTA IMPORTANTE

Os libros de texto obtidos do fondo solidario ou a través das axudas para material escolar no curso 2019-20 deberán devolverse no centro en bo estado antes do 7 de xullo. Para o alumnado que deba examinarse en setembro, a secretaría habilitará os medios para que poida dispor dos libros necesarios durante o verán ata o día 9 de setembro, data máxima para a súa devolución. A non devolución de TODOS OS LIBROS PRESTADOS implicará a perda automática do dereito ao fondo no curso seguinte.

Volver a inicio

Distribuir contido


by Dr. Radut