Skip to Content

Secretaría

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Cartel xornada aberta

MATRÍCULA CURSO 2019-20:
XORNADA ABERTA ÁS FAMILIAS

     O vindeiro xoves día 31 de xaneiro, o equipo directivo do IES Plurilingüe Elviña organizará unha xornada de portas abertas para todas as familias interesadas en matricular aos seus fillos no noso instituto para o próximo curso. Nesa xornada informarase aos pais ou titores presentes da nosa oferta educativa e de calquera outro aspecto relacionado coa educación dos rapaces e coa organización escolar (materias, cursos, actividades, recursos materiais e humanos, organización, datas de matrícula, criterios de promoción ou avaliación, metodoloxías didácticas, etc.).

Esperamos contar coa súa presenza.

PRESENTACIÓN NO IES ELVIÑA. CURSO 2018/19

 ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA DE CLASE
(Curso 2018/19)

As clases comezan o luns día 17 de setembro. A presentación do alumnado cos titores realizarase de xeito escalonado:

1º ESO

Recepción do alumnado de 1º de ESO no salón de actos ás 10:30.
Presentación do alumnado de 1º ESO cos titores nas súas aulas ata ás 12:10 aproximadamente.

RESTO DOS CURSOS DE ESO

Recepción do alumnado polos titores nas súas aulas a partir das 10:45.
Presentación do alumnado ata ás 12:10 aproximadamente.

BACHARELATO

Recepción do alumnado do Bacharelato polos titores a partir das 12:30 horas.
Presentación do alumnado de Bacharelato nas súas aulas ata as 13:20 horas aproximadamente.

TRANSPORTE ESCOLAR

En principio, haberá transporte escolar normal coas paradas habituais para o alumnado de ESO que o solicitou. Estamos pendentes de confirmación das prazas por parte do servizo de transporte da Consellería de Educación.

PRAZO ABERTO PARA A SOLICITUDE DE BECAS DE BACHARELATO (MINISTERIO DE EDUCACIÓN)

Está aberto o prazo para a solicitude das Becas do Ministerio de Educación. A solicitude debe facerse informáticamente no seguinte enlace (Becas de Bacharelato, MEC). O prazo estará aberto ata o día 17 de setembro.

HORARIO DE RECOLLIDA DE BOLETÍNS (SETEMBRO)

Os boletíns coas calificacións da avaliación extraordinario de setembro serán entregados polo profesorado titor nas seguintes datas e horas:

A. alumnado de 2º de Bacharelato: mércores día 5 de setembro ás 11:00 horas.

IMPORTANTE (PROBAS ABAU-setembro): o alumnado que obteña o título de bacharelato poderá, unha vez recollidos os boletíns, iniciar os trámites en secretaría para a matrícula nas probas ABAU de setembro (selectividade). Lémbrase que o prazo máximo para a matrícula nestas probas remata o día 6 de setembro.

B. alumnado do resto de cursos (ESO e 1º de Bacharelato): xoves día 6 de setembro ás 13:30 horas.

IMPORTANTE (MATRÍCULA): lémbrase a todo o alumnado que o prazo extraordinario de matrícula de setembro remata o luns día 10 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut