Skip to Content

MATRÍCULA PARA PROBAS DE ACCESO A CICLOS

INFORMACIÓN SOBRE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

    Para o alumnado que teña interese en acudir ás probas oficiais de acceso a ciclos formativos de FP de grao medio e superior, vense de publicar a Orde de convocatoria que as regula en todos os seus aspectos (matrícula, organización, realización, estrutura e outros). Para calquera interesado, remítese ao texto completo do borrador da Orde dispoñible no enlace. En todo caso, resúmense a continuación algúns datos de interese sobre calendario, matrícula e características das probas:

 I. CALENDARIO

 

 PROBAS ACCESO
GRAO MEDIO
PROBAS ACCESO GRAO SUPERIOR
Inscrición7 ao 22 de marzo28 de xaneiro ao 8 de febreiro
Listaxes provisionais5 de abril25 de febreiro
Reclamacións8 a 12 de abril26 de febreiro ao 1 de marzo
Listaxes definitivas7 de maio15 de marzo
Lugares das probas7 de maio15 de marzo
PROBA28 de MAIO10 de ABRIL
Cualificacións provisionais10 de xuño29 de abril
Reclamacións11 ao 14 de xuño30 de abril ao 3 de maio
Cualificacións definitivas21 de xuño31 de maio
Certificacións nos centrosA partir do 24 de xuñoA partir do 3 de xuño

 

 II. MATRÍCULA, CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS

A. PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Requisito básico: o alumnado deberá ter cumpridos 17 anos ou deberá cumplilos no mesmo ano da realización da proba.

Lugar de matrícula:

a. calquera centro que teña ciclos de grao medio na súa oferta educativa.
b. vía on line desde a plataforma da xunta (www.edu.xunta.es/fp) cubrindo o formulario ED312C (dispoñible a partir da data de inscrición tamén na sede electrónica da xunta sede.xunta.gal). En todo caso, haberá que imprimir o resguardo e entregalo na secretaría dun centro que oferte ciclos.

Importante: o centro no que se entregue a documentación será determinante para a asignación do lugar de realización da proba que corresponda.

Estrutura da proba: a proba consta de tres partes.

a. Parte sociolingüística: proba de lingua castelá, proba de lingua galega e proba de ciencias sociais.
b. Parte matemática: proba de matemáticas.
c. Parte técnico-científica: proba de ciencias naturais e proba de tecnoloxía.

Para aprobar a media das tres partes debe ser superior ao 5. Nengunha parte debe obter calificación inferior a un 4. Poden consultarse modelos de exames dos anos anteriores neste enlace.

B. PROBA DE ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Requisito básico: o alumnado deberá ter cumpridos 19 anos ou deberá cumplilos no mesmo ano da realización da proba.

Lugar de matrícula:

a. calquera centro que teña ciclos de grao medio na súa oferta educativa.
b. vía on line desde a plataforma da xunta (www.edu.xunta.es/fp) cubrindo o formulario ED312D (dispoñible tamén a partir da data de inscrición na sede electrónica da xunta sede.xunta.gal). En todo caso, haberá que imprimir o resguardo e entregalo na secretaría dun centro que oferte ciclos.

Importante: o centro no que se entregue a documentación será determinante para a asignación do lugar de realización da proba que corresponda.

Estrutura da proba: a proba consta de dúas partes.

a. Parte común: proba de lingua castelá, proba de lingua galega e proba de matemáticas.
b. Parte específica (con tres opcións, a escoller a que se desexe):

Opción A. Economía, lingua estranxeira (francés/inglés) e filosofía.
Opción B. Debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.
Opción C. Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

Para aprobar a media das dúas partes debe ser superior ao 5. Nengunha parte debe obter calificación inferior a un 4. Poden consultarse modelos de exames dos anos anteriores neste enlace.



page | by Dr. Radut