Skip to Content

DÍA DA CIENCIA NA RÚA, 2018 (e II)

     O sábado día 5 de maio, tal e como xa comentábamos en post anterior, celebrouse na nosa cidade a Xornada da Ciencia na rúa organizada pola Casa das Ciencias no Parque de Santa Margarita. O alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Elviña participou no evento. Engadimos agora a galería fotográfica. Aí están os nosos alumnos e alumnas de 1º divertíndose no parque. O próximo ano, máis.

ciencia-1IES PLURILINGÜE ELVIÑACiencia-2
 Ciencia-3logoCiencia-4 
IMAG-25 Ciencia-5 IMAG-26
 Ciencia-6DÍACiencia-7 
Ciencia-8DA CIENCIA NA RÚA (2018)Ciencia-9

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO

Publícase no DOG do hoxe día 11 de maio a Convocatoria para a solicitude dos Premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria. O acceso á orde neste link.

Visitamos o Castro de Elviña

O alumnado de 3º e 4º da ESO de Linguas Clásicas visitou o Castro de Elviña o pasado sete de maio. Levamos unha grata sorpresa ó comprobar as melloras efectuadas no seu coidado e conservación, e observamos que as súas dimensións estaban infravaloradas. Malia todo isto hai que lembrar que as partes escavadas constitúen unha ínfima parte do conxunto arqueolóxico e que queda moito por descubrir. 

 

 

O noso agradecemento á fotógrafa deste evento: Julia de 4º B.

 

DÍA DO LIBRO

Imaxe-05      O día 23 de abril conmemórase a Xornada Internacional do Libro. A coincidencia no mesmo día do ano 1616 da morte de William Shakespeare e Miguel de Cervantes (e do Inca Garcilaso de la Vega, para redondear a cousa) xustifica sobradamente a celebración deste día (aínda que sexa con truco... en fin, que si non è vero, è ben trovato).

     No IES Plurilingüe Elviña os departamentos de linguas optaron este ano por facer unha exposición na Biblioteca de libros nos distintos idiomas do mundo (aproveitando que the surname v.gr. le prénom do noso centro é Plurilingüe). Moitas grazas a todos os profes que remexeron nas súas bibliotecas particulares para atopar os tesouros escondidos: libros do século XVIII, unha edición rara dos grabados da Encyclopédie de Diderot, unha edición das obras de Hawthorne de 1877, un misal romano do XIX, un facsímil dun Libro de Horas medieval, gramáticas do español de 1920, dicionarios de latín do século XIX, libros en xaponés, en chinés, en alemán, en inglés, en francés, en italiano, en ruso, en portugués, facsímiles, libros asinados polos autores, libros troquelados, xornais de todo o mundo... En fin, viuse alí todo tipo de publicacións do mundo. Unha boa maneira de celebrar o Día do libro.

im-01Im-02Im-03Im-04
Im-05Im-06Im-07Im-09
Im-14Im-07Im-10
Im-12Im-11

     Ademais da exposición, os rapaces e rapazas de 1º de ESO prepararon unha exposición de marcapáxinas feitos coas figuras de Castelao, Rosalía, Curros Enríquez e María Victoria Moreno, a quen se adica este ano o Día das letras galegas.
     Alba Lorenzo, a nosa profesora de lingua castelá, preparou ademais un concurso literario para completar a exposición: máis dun deuse de croques para saber a que escritor pertencían os textos da proba...

Concurso

CORRELINGUA-2018: UN NOVO ÉXITO DO ALUMNADO DO IES ELVIÑA

Gañadores do Correlingua!

     Ata onde vai a chegar o alumnado do IES Plurilingüe Elviña? Non hai límite para os soños, pero está claro que co traballo e co entusiasmo dos nosos rapaces e rapazas a todo se chegará. Desta, chegouse a gañadores do concurso de animación e de pancartas do Correlingua, que non che é moco de pavo.
     Así foi. O pasado venres día 5 de maio o noso alumnado, como ven sendo común, participou no Correlingua, o festival anual de apoio e promoción da lingua galega na educación primaria e secundaria. Os nosos rapaces, comandados polo intrépido profesorado do Departamento de lingua galega, prepararon unha fermosa pancarta de vivas cores co lema A lingua non para, e, para que quedase clara a mensaxe, estiveron todo a mañá do Correlingua dándolle marcha á lingua galega. Do IES Elviña caeron cantos e bailes pola lingua a cachóns. Non sorprende que o xurado do concurso valorase tanta entrega. E para que vexades o ben que o pasaron (e o ben que o fixeron) aí van as fotos do evento.

Correlingua-01LOGOCorrelingua-03
Correlingua-05Correlingua-02Correlingua-07
Correlingua-08Correlingua-06Correlingua-04

E o vídeo da xornada, onde os nosos rapaces e rapazas cantan, bailan, pintan e FALAN MOITO GALEGO!

BRAVO, CAMPIÓNS!

Distribuir contido


by Dr. Radut