Skip to Content

Agregador de novas

Convocado concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e PES, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de FP, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores...

Portal educativo - Ven, 30/10/2020 - 11:46
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será desde o día 5 de novembro de 2020 ao 26 de novembro de 2020, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.

File: 

Orde de 19 de octubre de 2020 (DOG)

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Administración

Convocados os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20

Portal educativo - Ven, 30/10/2020 - 10:58
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20 (código de procedemento ED311F).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

File: 

Orde do 19 de outubro de 2020 (DOG) Extracto da Orde do 19 de outubro de 2020 (DOG)

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Ensinanzas de danza Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de música

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Administración

Publicación da relación provisional de persoas admitidas, excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de soldadura

Portal educativo - Xov, 29/10/2020 - 19:24
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 29 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de soldadura (591228)

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Resolución do II Concurso de Podcasts Radio na biblio en colaboración coa CRTVG (Radio Galega)

Portal educativo - Xov, 29/10/2020 - 16:01
Idioma Gallego

Publícase a resolución de 29 de outubro de 2020 relativa á convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de 13 de febreiro de 2020, do II Concurso de Podcasts - Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que traballan coa radio como ferramenta pedagóxica, integrados ou non no programa Radio na biblio. Concédense os premios que se relacionan no anexo I da devandita resolución, polos traballos que se especifican nas distintas modalidades. Os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da súa páxina www.diariocultural.gal; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (web de Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).

Anuncio principal: 

Convocatoria do II Concurso de Podcasts-Radio na biblio

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros Servizo de Xestión de Programas Educativos

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros
Categorías: Administración

Publicación das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036)

Portal educativo - Xov, 29/10/2020 - 15:32
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de mestres/as (597)

Xúntase a Resolución do 29 de outubro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036).

O prazo de reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional é de cinco (5) días hábiles e comeza o venres día 30 de outubro e remata o xoves día 5 de novembro de 2020. As reclamacións deberán formularse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Resolución do 29 de outubro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036).

Non se admitirán as reclamacións formuladas por correo electrónico.

Para realizar reclamacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional desde a sede electrónica da Xunta de Galicia deberá acceder a seguinte ligazón aquí.

Logo de acceder a ligazón os pasos a seguir son:

1º Premer no botón Tramitar en liña

2º Identificarse co seu usuario e contrasinal

3º Cubrir a solicitude xenérica do seguinte xeito nos campos:

  • Asunto Relacionado debe engadir: Alegacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional do corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036)
  • Código de Procedemento debe engadir: 597036
  • Destinatario: Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos

4º No seguinte paso deberá anexar a documentación que presente para emendar a súa solicitude ou formular a reclamación

5º Finalmente deberá asinar e presentar no rexistro electrónico e obter o recibo xustificativo da súa presentación.

As persoas interesadas poderán consultar a admisión á lista e o seu baremo provisional no enderezo web: www.edu.xunta.es/substitutoslistas

  • Resolución do 29 de outubro de 2020 (arquivo de resolución)
  • Anexo: relación de persoas excluídas (arquivo anexo de persoas excluídas)

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Xunta e Fiscalía reúnense para coordinar accións en materia de prevención do absentismo escolar

Portal educativo - Xov, 29/10/2020 - 15:01
Idioma Gallego

Summary: 

O conselleiro Román Rodríguez e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, puxeron de manifesto que, no actual contexto covid, todas as decisións neste ámbito teñen que ser abordadas desde unha perspectiva sanitaria En novembro vanse constituír as comisións provinciais de seguimento do absentismo, unha casuística moi residual en Galicia incluso no actual contexto de pandemia, pero que cómpre avaliar para garantir o dereito á educación

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, para abordar o absentismo escolar e coordinar accións de prevención desta conducta nos centros educativos.

Trátase do primeiro encontro entre a Fiscalía −no que tamén participaron os fiscais de Menores das catro provincias− e o novo equipo da Consellería de Educación co fin de afondar en vías de diálogo e reforzar as canles de comunicación con respecto a todos aqueles aspectos do ámbito educativo que atinxen a ambos organismos, como é o caso do da prevención do absentismo e a mellora da convivencia escolar, entre outros.

Con respecto ao absentismo, na reunión telemática púxose de manifesto a prioridade é garantir o dereito á educación, xa que a escolarización é unha obriga para os nenos de entre 6 e 16 anos, agás casos xustificados desde unha perspectiva sanitaria.

Ratificouse, por tanto, que os casos de non asistencia á clase, desde a perspectiva da actual situación covid, deben abordarse sempre desde un prisma sanitario, e estar avalados polos informes médicos correspondentes, na liña do expresado pola Avogacía do Estado.

Tanto Xunta como Fiscalía coincidiron en que o absentismo escolar, mesmo no actual contexto de pandemia, é unha dinámica moi residual, se ben é importante analizar todas as casuísticas concretas, coñecer a orixe deste comportamento e acadar unha solución, sempre en beneficio do menor.

Análises de casos

Neste sentido, a Consellería informou á Fiscalía que se está traballando na creación de comisións provinciais de seguimento do absentismo escolar que dean apoio aos centros educativos mediante un seguimento especial destes casos derivados do contexto covid, ao tempo que exerzan de canle de comunicación entre administracións no que atinxe aos distintos trámites e documentación que hai que xestionar ante un caso de non asistencia a clase.

Estas comisións, que se constituirán ao longo do mes de novembro, estarán integradas por representantes das áreas de educación, sanidade, servizos sociais e menores das administracións autonómica e local. O obxectivo é obter a máxima e máis detallada posible información sobre casos concretos que permitan tomar as decisións máis axeitadas, tendo en conta todas as variables que poden concorrer para cada situación.

Trátase, en definitiva, de reforzar a atención e seguimento das variables casuísticas vinculadas aos posibles casos derivados da actual situación hixiénico-sanitaria, coa finalidade de garantir os dereitos do alumno e o dereito á educación.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Administración

Convocatoria de Clubs de Lectura para centros públicos de ensino secundario de Galicia. Curso 2020/21

Portal educativo - Xov, 29/10/2020 - 12:52
Idioma Gallego

Publícase a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 29 de outubro de 2020, pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollan ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional  ou ensinanzas de réxime especial, para o curso 2020/21.

O prazo límite para presentación de solicitudes remata o 16 de novembro de 2020 (data incluída).

File: 

Convocatoria do 29 de outubro de 2020 Anexos solicitude

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Administración

Publicación listaxe provisonal de solicitudes admitidas e excluídas, e motivos de exclusión relativos aos Premios Fin de Carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2019 nas universidades do SUG

Portal educativo - Xov, 29/10/2020 - 12:42
Idioma Gallego

Xúntase a listaxe provisonal de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión relativos aos Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2019 nas universidades do SUG.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2019 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Servizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/as Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas, excluídas e baremo provisional para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, patronaxe e confección

Portal educativo - Mér, 28/10/2020 - 17:47
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 28 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de patronaxe e confección (591217)

 

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas, excluídas e baremo provisional para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, cociña e pastelaría

Portal educativo - Mér, 28/10/2020 - 15:51
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 28 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de cociña e pastelaría (591201).

 

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas, excluídas e baremo provisional para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, procesos diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos

Portal educativo - Mér, 28/10/2020 - 15:39
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 28 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos (590117).

 

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Carlos Villanueva dona a contía do XXIV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia á investigación contra a covid-19 na Universidade de Compostela

Portal educativo - Mar, 27/10/2020 - 16:39

Summary: 

O galardoado destinará o importe de 6.000 euros á iniciativa de micromecenado Sumo Valor Idioma Gallego

O galardoado co XXIV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, o catedrático emérito Carlos Villanueva Abelairas, doará a contía deste galardón á investigación contra a covid-19 na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Así o comunicou hoxe no acto de doazón celebrado no Salón Reitoral da universidade compostelá, ao que asistiron o reitor da USC, Antonio López; a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, María Teresa Carballeira Rivera, e o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro.

Neste acto privado Carlos Villanueva explicou que non dubidou “á hora de decidir cara onde orientar a doazón” do premio, pois toda a súa traxectoria académica estivo vencellada á institución que a recibirá. En concreto será a iniciativa de micromecenado Sumo Valor da USC a que reciba o importe do premio, de 6.000 euros, que irá destinada a labores de investigación dentro da liña Loita contra a covid-19.

“Esta iniciativa compendia o que foi a miña vida profesional e os temas que me gustaría seguir traballando e apoiando, agora como catedrático emérito. Máxime en tempos de dificultades para todos”, explicou en referencia a Sumo Valor. “Dada a miña condición de persoa de risco na presente pandemia, desexo que se beneficie na medida do posible a investigación relativa á covid-19 e a temas relacionados coa pandemia, emprendidos desde diversos departamentos e laboratorios da USC”, engadiu.

Respecto á doazón, a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades (GCU), María Teresa Carballeira Rivera, expresou que esta “satisfai dobremente ao GCU, posto que á distinción da excelencia científica do profesor Villanueva súmase agora o recoñecemento da bonhomía, demostrada polo premiado con este xesto altruísta”. Neste mesma liña pronunciouse o reitor da USC, Antonio López, ao considerar que esta decisión engade ás “virtudes” do académico a “xenerosidade” e contribúe a reforzar a idea do importante papel da ciencia e do coñecemento para superar estes momentos singulares. López tamén estimou que a concesión do premio “destaca a súa longa traxectoria, prestixio internacional” e transmite o maior dos respectos académicos “por alguén que se atopa na cima a súa especialidade”.

Pola súa banda, o secretario xeral de Universidades, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, subliñou “a prolífica traxectoria de investigación universitaria” do galardoado, “cunha contribución decisiva á difusión internacional da música vencellada ao Camiño de Santiago e moi particularmente dos instrumentos do Pórtico da Gloria”. Así mesmo, salientou “a importancia do Premio Internacional Grupo Compostela–Xunta de Galicia para preservar a cultura xacobea e os seus valores, directamente vencellados á idea dunha Europa común”.

Perfil do galardoado

Carlos Villanueva Abelairas é catedrático de Música da Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 2000 e catedrático emérito desde 2020. As súas primeiras liñas de investigación céntranse principalmente na interpretación da música antiga e os instrumentos medievais, e máis adiante na crítica musical, a música española e latinoamericana do século XX, as músicas e exilios, e a música e identidades.

Ademais, as súas publicacións relacionadas cos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela son referentes na musicoloxía internacional e foi codirector do proxecto de construción dos instrumentos deste espazo, patrocinado pola Fundación Barrié de la Maza e desenvovido entre 1990 e 1994. Co obxectivo de dar difusión internacional a este proxecto, levou a cabo xiras por todo o mundo e realizou numerosas gravacións co Grupo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela, recoñecido internacionalmente pola súa especialización en Música Antiga. Con este grupo, que dirixiu de 1977 a 2004, gravou dez discos e contribuíu á divulgación do repertorio musical español dos séculos XII ao XVII no eido internacional.

Na súa extensa produción literaria, destacan as obras El Códice Calixtino y la música de su tiempo, Polifonía jacobea. Los villancicos al Apóstol de José de Vaquedano, El sonido de la piedra (Encuentro sobre instrumentos en el Camino de Santiago), a edición do Cancioneiro Musical de Galicia de Castro Sampedro e Folga e a monografía sobre Víctor Said Armesto. Unha vida e romance.

Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

Desde a súa creación en 1997 foron galardoadas co Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia persoas e institucións senlleiras procedentes de diferentes eidos. En edicións anteriores o premio recoñeceu o labor de persoeiros como Jacques Santer (1997), Vaclav Havel (1998), Mohamed AlBaradei (2010), o Colexio de Europa (2012) e Marcelino Oreja Aguirre (2017).

 

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Administración

Un total de 30 centros educativos incorpóranse a 'Radio na Biblio', que xa suma 109 participantes

Portal educativo - Mar, 27/10/2020 - 14:58
Idioma Gallego

Summary: 

O programa ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar

A Xunta de Galicia vén de incorporar un total de 30 centros educativos de toda Galicia ao programa Radio na Biblio. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar.

Coas novas incorporacións, en total participan nesta iniciativa este curso un total de 109 centros públicos de infantil, primaria, ESO, Bacharelato ou FP integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) de toda Galicia.

Os novos centros seleccionados recibirán 2.000 € de fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio (incluíndo un obradoiro de formación). Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

Así mesmo, os centros que xa participaron en Radio na Biblio en cursos anteriores e renovan recibirán unha asignación de 500 € por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

Os centros de nova incorporación son os que se relacionan na seguinte táboa:

PROVINCIA

CONCELLO

CENTRO

A Coruña

Abegondo

CEIP Plurilingüe San Marcos

A Coruña

Carballo

CEIP Plurilingüe A Cristina

A Coruña

Carral

CEIP Vicente Otero Valcárcel

A Coruña

Cedeira

CEIP Nicolás del Río

A Coruña

Coruña, A

CEIP Sanjurjo de Carricarte

A Coruña

Culleredo

CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

A Coruña

Fene

CEIP Plurilingüe Os Casais

A Coruña

Laracha, A

CEIP de Caión

A Coruña

Muxía

CEIP dos Muíños

A Coruña

Ribeira

CEIP Plurilingüe O Grupo

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Lugo

Cervo

CEIP de Cervo

Lugo

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

Lugo

Monforte de Lemos

CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos

Lugo

Saviñao, O

CPI Dr. López Suárez

Ourense

Ourense

CEIP P. Amadeo Rodríguez Barroso

Ourense

Rúa, A

IES Cosme López Rodríguez

Ourense

Xunqueira de Ambía

CEIP Padre Crespo

Pontevedra

Bueu

CEIP Plurilingüe A Pedra

Pontevedra

Cambados

CEIP Plurilingüe de Castrelo

Pontevedra

Cangas

CEIP A Rúa

Pontevedra

Cangas

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Pontevedra

Mos

CEIP Mestre Valverde Mayo

Pontevedra

Pontevedra

CEIP de Cabanas

Pontevedra

Redondela

CEIP de Cedeira

Pontevedra

Tui

IES San Paio

Pontevedra

Vigo

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Pontevedra

Vigo

CEIP O Sello

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Frián-Teis

Pontevedra

Vilaboa

CEP Plurilingüe de Riomaior

 

Plan LÍA

Esta iniciativa enmárcase no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares, que conta entre os seus desafíos o de favorecer a alfabetización múltiple do alumnado a través da creación nas bibliotecas de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. Neles debe traballarse con diferentes recursos e materiais que permitan traballar a expresión escrita e oral ou linguaxes como a radiofónica. Desde eles poderán desenvolverse proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar, vinculados á educación para as competencias en información e medios.

Neste sentido a posta en marcha dunha emisora de radio nun centro educativo proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave a través de metodoloxías activas, así como para a alfabetización informacional. De feito, a experiencia dos centros que xa participan en Radio na Biblio demostrou que a radio constitúe unha ferramenta pedagóxica de grande alcance que permite, ademais, darlle a coñecer ao resto da comunidade educativa os proxectos e traballos que se realizan no centro.

Ademais, a experiencia dun bo número de bibliotecas escolares vinculadas a este programa durante o período de cese de actividade presencial nos centros durante a primavera de 2020, por mor da covid-19, puxo de manifesto as posibilidades desta ferramenta para desenvolver actividades educativas a distancia, con capacidade para vincular ao alumnado ao ámbito educativo e para conectar á comunidade escolar arredor dunha proposta temática.

Información xeral Plan LÍA Bibliotecas escolares Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas, excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para o corpo de escolas oficiais de idiomas, inglés

Portal educativo - Mar, 27/10/2020 - 14:52
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004), inglés (592011), italiano (592012) e xaponés (592013)

Resolución do 27 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de inglés (592011).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas admitidas, excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para o corpo de profesores técnicos de FP, mantemento de vehículos

Portal educativo - Mar, 27/10/2020 - 14:21
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 27 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mantemento de vehículos (591209).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, lingua galega e lit

Portal educativo - Mar, 27/10/2020 - 14:13
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Resolución do 27 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua galega e literatura (590053)

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

A Xunta comeza os traballos para corrixir en Galicia as debilidades do ‘Decreto do aprobado xeral’ do Ministerio

Portal educativo - Lun, 26/10/2020 - 16:53
Idioma Gallego

Summary: 

O secretario xeral de Educación, José Luis Mira, reuniuse hoxe con representantes da Inspección e técnicos da Consellería para avanzar na elaboración deste texto que blinde a calidade Trabállase para dispor de unha proposta de norma nun prazo moi curto, co obxectivo de comezar a aplicala xa en novembro

A Xunta de Galicia vén de comezar os traballos de elaboración dunha norma para desenvolver o que se establece no Real Decreto Lei de medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, elaborado polo Ministerio do ramo, e corrixir as súas debilidades. Este RDL permite que un alumno poida promocionar de curso sen que se teña en conta o número de materias suspensas.

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, reuniuse hoxe con representantes da Inspección educativa e técnicos da Consellería nunha primeira toma de contacto co grupo de traballo, co fin de avanzar na redacción dun documento de normas propias de desenvolvemento do decreto do aprobado xeral co obxectivo de, dentro da legalidade e das posibilidades desta norma, preservar a calidade e a equidade do sistema educativo galego. O grupo de traballo para a elaboración deste texto estará integrado por docentes e inspectores.

A intención é dispor de unha proposta de norma nun prazo moi curto, co obxectivo de empezar a aplicala xa en novembro.

Cómpre lembrar que o propio conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou ao Comité Educativo da posición do Goberno galego respecto do Real Decreto Lei do Estado, así como da intención de elaborar este documento. Neste sentido, expuxo a preocupación do Goberno galego fronte a unha norma que pode xerar desigualdade entre o alumnado e que vai en contra dos principios básicos da educación como son a cultura do esforzo e a motivación.

Aposta pola presencialidade

Este tipo de medidas foron aplicadas para os dous últimos trimestres do curso 2019/20, nun contexto xeral de suspensión da actividade lectiva presencial. Pero no momento actual, tendo en conta que en Galicia se está a aplicar, con carácter xeral e salvo casos moi puntuais, a presencialidade completa no ensino obrigatorio, a Xunta considera que o axeitado é aplicar uns criterios máis próximos ao labor educativo habitual.

Ademais, o conselleiro enviou unha queixa formal á ministra de Educación e Formación Profesional na que lamentaba a toma desta decisión de forma unilateral e sen abordala previamente coas comunidades autónomas, máis considerando que se trata dunha norma que merma a calidade do sistema e racha coa súa función de xerador de igualdade de oportunidades.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Administración
Distribuir contido


by Dr. Radut