Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2020/21

Ven, 11/09/2020 - 09:55

Xúntase a Resolución do 28 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020/21.

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, no que se pechará a aplicación Xade e non poderán, a partir desta data, introducir máis centros e persoas titoras e coordinadoras nela.