Lingua e Literatura galega

Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) coa lectura polo profesorado e o alumnado de diferentes cursos do manifesto da AELG escrito por Ana Romaní e de poemas de Rosalía.

Día de Rosalía de Castro 2019

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Ca

Visita de 4ºESO a dúas exposicións en Santiago

Este pasado mércores 19 de decembro o alumnado de 4ºESO participou nunha visita didáctica a dúas exposicións sobre Castelao en Santiago, unha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto. Pola mañá realizaron no Museo do Pobo Galego unha actividade sobre Antón Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.

O IES Auga da Laxe en Negro

No IES Auga da Laxe facemos unha homenaxe a vítimas da violencia machista cunha actividade realizada polo alumnado da materia de Igualdade de Xénero. Noventa globos adicado a cada unha das persoas que xa non están, as oficiais, as non oficiais, a todas.

Érase un muíño

Con motivo da lectura Palabra de bruxa de Andrea Barreira, o alumnado de 3ºESO A e C vai visitar un dos nosos muíños, onde "o ar cheira, o río chama, as plantas engolen, a terra latexa"...

I Semana poética Victoriano Taibo

Ao longo desta semana, as portas e escaparates de diferentes establecementos comerciais de Gondomar, así como os balcóns de moitas vivendas e espazos públicos, acolleron carteis e pancartas con versos de diferentes autores e autoras dentro da I Semana poética Victoriano Taibo que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns.

Distribuir contido