Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) coa lectura polo profesorado e o alumnado de diferentes cursos do manifesto da AELG escrito por Ana Romaní e de poemas de Rosalía. Ademais, o departamento de Lingua e Literatura Galega agasallóunos cunha estrela que lucimos na fronte correspondendo ao lema xeral da actividade: Na fronte unha estrela, no bico un cantar.
Nas paredes do instituto segue a mostra de corenta fragmentos de poemas cos que se pretende achegar a poesía de Rosalía a toda a comunidade educativa.