Érase un muíño

Con motivo da lectura Palabra de bruxa de Andrea Barreira, o alumnado de 3ºESO A e C vai visitar un dos nosos muíños, onde "o ar cheira, o río chama, as plantas engolen, a terra latexa"... e onde as paredes de pedra contan os "díxome-díxome" nas xuntanzas das moeduras e os amoríos secretos que alí se teceron. Pedimos á protagonista un esconxuro para que as "nubes non empreñen de auga" o luns 19 e poidamos facer lectura da paisaxe do século XV e recoñecela aínda hoxe.