I Semana poética Victoriano Taibo

Ao longo desta semana, as portas e escaparates de diferentes establecementos comerciais de Gondomar, así como os balcóns de moitas vivendas e espazos públicos, acolleron carteis e pancartas con versos de diferentes autores e autoras dentro da I Semana poética Victoriano Taibo que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns. O noso alumnado de 1º de Bacharelato, a través dunha actividade coordinada polos departamentos de Plástica e Lingua Galega, colaborou con esta campaña ilustrando algúns dos versos seleccionados, un traballo que quedou plasmado nalgúns dos carteis que poden verse estes días polas rúas da vila.