Visita de 4ºESO a dúas exposicións en Santiago

Este pasado mércores 19 de decembro o alumnado de 4ºESO participou nunha visita didáctica a dúas exposicións sobre Castelao en Santiago, unha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto. Pola mañá realizaron no Museo do Pobo Galego unha actividade sobre Antón Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019. Ademais, visitaron a exposición "Alba de Gloria. Unha experiencia", organizada polo Consello da Cultura Galega con motivo do 70º aniversario do discurso "Alba de gloria", que Castelao pronunciou no exilio en 1948. Xa de tarde, achegáronse á Cidade da Cultura para visitar a exposición "Castelao maxistral", na que se inclúe o cadro "A derradeira lección do mestre", realizado por Castelao no exilio de Bos Aires e que estará en Galicia ata o próximo mes de marzo.