Matemáticas

Momentos do "Divírtete coas matemáticas!"

Momentos do "Divírtete coas matemáticas!" de hoxe, a iniciativa que unha vez ao mes convidará a achegarse a esta materia dun xeito lúdico e divertido. A proposta está aberta a toda a comunidade educativa. As copias dos xogos van quedar ao longo de toda a semana que vén para que a xente os poida coller para resolvelos e logo entregárllelos ás profesoras de Matemáticas.

Divírtete coas matemáticas!

Este próximo venres 9 de novembro, de 12:00h a 12:30h, desenvolverase no patio central do instituto unha actividade lúdica de xogos e retos matemáticos organizada polas profesoras do departamento de Matemáticas. Será a primeira proposta da iniciativa "Divírtete coas matemáticas", que unha vez ao mes convidará a achegarse a esta materia dun xeito lúdico e divertido.

Grao mínimo dos estándares de aprendizaxe. Curso 18-19

O alumnado deberá demostrar que acadou, polo menos, o 50% dos estándares de aprendizaxe correspondentes ao seu curso. Os estándares de aprendizaxe detállanse a continuación en cada un dos arquivos adxuntos

Esponxa de Menger

O noso centro participou nunha actividade englobada na IX SEMANA MATEMÁTICA de Vigo, organizada pola Asociación Escola Rosalía de Castro, coa asesoría pedagóxica da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e o apoio de educaBarrié-Fundación Barrié, La Caixa e o Concello de Vigo

 

O obxectivo desta actividade era construír unha gran esponxa de Menger (estrutura deseñada polo matemático austríaco Karl Menger) coa colaboración dos alumnos de todos os centros participantes. 

Nas seguintes fotografías pódese apreciar a aportación do noso centro ao obxectivo final, unha fermosa esponxa de Menger de nivel 4.

          

Distribuir contido