Matemáticas

Concurso de Fotografía Matemática

 O departamento de Matemáticas coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística organiza o Concurso de Fotografía Matemática que se vai rexer segundo as seguintes bases:

BASES

Campionato de cálculo mental

O departamento de Matemáticas, dentro das actividades de dinamización "Divírtete coas matemáticas", convoca un campionato de cáculo mental que comezará o próximo 24 de abril no patio central do institutuo durante o recreo. Para todo o alumnado que queira participar, o prazo de inscrición está aberto ata o próximo 12 de abril. Achegámosvos as bases, que podedes consultar tamén na web do instituto.

Obradoiros Imatxina

O alumnado de 1º ESO participou o pasado 22 de marzo nos obradoiros Imatxina que organiza a Fundación Escola Rosalía no auditorio Mar de Vigo. Esta saída didáctica, organizada polo departamento de Matemáticas, permitiulles aprender e, ao mesmo tempo, divertirse participando en diferentes actividades de matemáticas manipulativas: tangram, cubo soma, pentominós, hexamantes, ilusións ópticas, cálculo de probabilidades, etc.

XXVI Edición do Canguro Matemático Europeo

O pasado xoves, 21 de marzo, alumnos e alumnas do IES Auga da Laxe e do IES Terra de Turonio participaron na XXVI edición do Canguro Matemático Europeo.
Durante 75 minutos, estiveron realizando un test

Quérote π

 Este xoves 14 de marzo o departamento de Matemáticas organizou unha actividade para celebrar o Día do número Pi. Durante o acto escoitáronse diferentes pezas musicais de Michael Blake e David McDonald inspiradas no número Pi.

Día de Pi

Este xoves 14 de marzo o departamento de Matemáticas organiza unha nova actividade de dinamización para celebrar o Día do número Pi. Terá lugar no patio central do instituto durante o recreo.

Distribuir contido