XXVI Edición do Canguro Matemático Europeo

O pasado xoves, 21 de marzo, alumnos e alumnas do IES Auga da Laxe e do IES Terra de Turonio participaron na XXVI edición do Canguro Matemático Europeo.
Durante 75 minutos, estiveron realizando un test de 30 preguntas, en orde crecente de dificultade.
A proba levouse a cabo no noso instituto e os seus test foron xa enviados á comisión organizadora, sita en Valladolid. 
Desexámoslle sorte cos resultados!