Curso 2018-2019

Intercambio con Dinamarca

 
Este xoves 7 de marzo saíron de viaxe cara a Dinamarca dezanove alumnos e alumnas de 2ºBach, acompañados por dúas profesoras, para participar na segunda parte do intercambio que organiza o Departamento de Inglés co instituto Viby Gymnasium de Aarhus.

Entroido 2019

 
Coas ordes do meco que preparou o alumnado de Ed. Plástica, comezou no instituto a celebración do Entroido 2019, que culminará o venres 1 de marzo cunha xornada de actividades.

Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) coa lectura polo profesorado e o alumnado de diferentes cursos do manifesto da AELG escrito por Ana Romaní e de poemas de Rosalía.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

A Consellaría de Educación convoca as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Asemblea sobre o transporte no Val Miñor

Mañá, mércores, 21 de febreiro, ás 19:00 horas no CPI Arquitecto Palacios en Panxón (Nigrán) e organizado por FAVALMI (a Federación de ANPAS do Val Miñor) terá lugar unha asemblea aberta a todas as familias para tratar os problemas do transporte no Val Miñor e as dificultades derivadas como que o alumnado poida elixir a formación que desexa sen que supoña un custo excesivo para as familias. 

Día de Rosalía de Castro 2019

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Ca
Distribuir contido