Entroido 2019

 
Coas ordes do meco que preparou o alumnado de Ed. Plástica, comezou no instituto a celebración do Entroido 2019, que culminará o venres 1 de marzo cunha xornada de actividades. Ese día, haberá clase a primeira hora da mañá e, a continuación, unha comparsa de alumnado, profesorado e persoal non docente do instituto vai participar, coas coreografías que preparou o departamento de Educación Física, no desfile que se organiza pola vila, xunto con outros centros educativos. Despois haberá no instituto un concurso de disfraces, con entrega de premios e diplomas, e un baile de Entroido. O autobuses sairán ás 13:15h.