Curso 2018-2019

Charla sobre o TDAH

O vindeiro luns 18 de febreiro de 2019 as 18:45 horas, haberá unha charla no salón de actos do IES Auga da Laxe impartida por María Estela Portillo Encina, coordinadora e psicóloga de Anhida, e Ricardo García Díaz, presidente de Anhida, onde falarán do TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) e coñeceremos en que consiste. A ANPA As Gaiandas convídanos a participar.

Visita aos centros integrados de Formación Profesional

Este xoves 7 de febreiro achegámonos a Vigo co alumnado de 3ºESO e unha parte de 4ºESO para visitar os Centros Integrados de Formación Profesional Paz Andrade e Manuel Antonio co obxectivo de que coñecesen a oferta de ciclos formativos da contorna e de que se achegasen aos diferentes talleres especializados. A visita estivo guiada pola orientadora e orientador de cada centro e contou cunha explicación por parte do alumando que se está formando neses ciclos.

Charla de Carlos Spuch no Terra de Turonio

O vindeiro martes 12 de Febreiro de 2019 as 19:00 horas, haberá unha charla no IES Terra de Turonio impartida polo neurocientífico Carlos Spuch, onde falará de “Como os nosos hábitos afectan ao cerebro”.
»

Charla sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela


Este venres 1 de febreiro o noso alumnado de 2º de Bacharelato asistiu no salón de actos do instituto a unha charla sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Do departamento de Lingua e Literatura Castelá

O departamento de Lingua e Literatura Castelá comunica o seguinte:
"Tras valorar el interés e implicación del alumnado en las diversas propuestas de dinamización poética ha decidido en reunión de depar

III Ciclo de concertos

Este venres 1 de febreiro, primeiro dos concertos do III Ciclo organizados polo profesor Sergio Álvarez: Es Un Árbol no seu derradeiro concerto no Val Miñor antes da súa pausa dun ano.

Distribuir contido