ATENCIÓN ÁS URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS

A Consellería ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención ás urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
 
Esta formación  desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2, edificio do IME) os días 19 e 26 de febreiro, e 5 de marzo en horario de 16:30 a 19:30.
 
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 9 de febreiro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 20 prazas
AdxuntoTamaño
ATENCIÓN A URXENCIAS SANITARIAS PARA FAMILIAS.pdf94.09 KB