Charla da Universidade de Vigo para 2ºBach

O alumnado de 2ºBach asistiu este luns 6 de maio no salón de actos do instituto a unha charla con Ricardo Corderí, xefe de servizo da Universidade de Vigo, quen lles falou do sistema de acceso e da oferta de titulacións. Esta actividade estivo organizada polo departamento de Orientación dentro do Plan de Orientación Académica e Profesional, que incluíra xa outros dous encontros previos, celebrados nos meses de febreiro e abril, con representantes das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña.