Concurso de deseño de camisetas 8M

Este mércores 27 de marzo tivo lugar no recreo o acto de entrega dos premios do concurso de deseño de camisetas que se organizou con motivo do 8M, Día da Muller Traballadora. O 1º premio obtivérono conxuntamente Alexia Barroso e Sofía Táboas, de 1ºBach-C. Tamén recibiron premio os deseños de Carmen González (1ºESO-B); Xela Alonso (3ºESO-A); Carmen Piñeiro, Luisa Pintos e Claudia Comesaña (4ºESO-B) e Paula Franco (2ºBach-C). Moitas grazas a todo o alumnado que participou e parabéns para as gañadoras.