Educación Física |
O Exame de setembro consistirá en dúas partes, unha teórica e outra práctica. - Parte teórica: exame onde se avaliará os coñecemento reflectidos nos apuntamentos colgados no apartado de Educación Física que fagan referencia ao curso a avaliar. - Parte práctica: entregar un traballo dun quecemento coas tres partes ben identificadas e levalo á práctica no ximnasio, a continuación realizar a proba dos 25 minutos de carreira continua 3º ESO e 30 minutos 4º ESO (o alumnado que xa ten superada esta proba ao longo do curso non ten que realizala). |
|||
O Exame de setembro consistirá en dúas partes, unha teórica e outra práctica. - Parte teórica é un exame onde se avaliará o coñecemento reflectidos nestes apuntamentos. - Parte práctica: entregar un traballo dun quecemento coas tres partes ben identificadas e levalo á práctica no ximnasio, a continuación realizar a proba dos 20 minutos de carreira continua (correr 20 minutos seguidos sen acadar ningún tempo estipulado). O alumnado que xa ten superada esta proba ao longo do curso non ten que realizala. |
|||
|
|||
O Exame de setembro consistirá en dúas partes, unha teórica e outra práctica. - Parte teórica: exame onde se avaliará o coñecemento reflectidos nestes apuntamentos. - Parte práctica: entregar un traballo dun quecemento coas tres partes ben identificadas e levalo á práctica no ximnasio, a continuación realizar a proba dos 15 minutos de carreira continua (correr 15 minutos seguidos sen acadar ningún tempo estipulado). O alumnado que xa ten superada esta proba ao longo do curso non terá que realizala. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Tal como vos comentei na clase, aquí vos deixo a relación de actividades físicas e deportes cos que imos traballar. Ademais, xa fixen a distribución por grupos das modalidades sobre as que tendes que recoller información. Utilizade para iso os anexos que quedan nesta entrada e a propia información que vós poidades obter polos vosos medios. O primeiro anexo (UD_3_DEPORTES_CONTORNA) é a información que xa lle pasei a cada grupo. Se queredes ter unha copia, descargádea tamén.
|
|||
|
|||
|
|||
Aquí vos deixo unha recopilación dos "mellores momentos" da nosa xornada en Galipark. Magoa non ter fotos de todos vos, pero polo menos, queda unha pequena mostra. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Ficha de traballo para as sesións onde o alumn@ non poida realizar práctica. Lembrade que están recollidas e comentadas todas as circunstancias que xustifican a non participación na clase de Educación Física. Polo xeral limítanse a problemas médicos CON XUSTIFICACIÓN. As demais circunstancias valoraranse con cada alumno e, polo xeral, conlevan algún tipo de penalización. Os alumn@s con xustificación médica teñen que traer á clase as fichas necesarias para cumplimentar as sesións. Serán recopiladas e ordeadas para ser entregadas ó profesor unha vez que este o indique. As fichas estarán dispoñibles nesta web e na fotocopiadora do centro O resto dos alumnos, cando saiban que non van a facer clase, terán que acudir cunha ficha, preparados para cumplimentala durante o desenvolvemento da sesión. |
|||
Aqui vos deixo os apuntamentos sobre a unidade didáctica que estivemos vendo nos pasados dias. Ademais, tamén vai incluida unha ficha-guión para preparalo traballo que tendes que presentar nas vindeiras sesións. En clase, sortearemos a orde de exposición. |
|||
Cubre o modelo de autorización que se xunta neste enlace se queres participar nas actividades de PANKOUR e habilidades ximnásticas.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O alumnado interesado ten que poñerse en contacto co profesorado de E.F. do IES do Milladoiro se quere facer a incripción a través do centro.
|
|||
|
|||