Circulares informativas

CONVOCATORIA DE ADXUDICACIÓN DO SERVIZO DA CAFETARÍA DO IES DO MILLADOIRO PARA O CURSO 2015-2016

Consulta nos enlaces a información sobre a CONVOCATORIA DE ADXUDICACIÓN DO SERVIZO DA CAFETARÍA DO IES DO MILLADOIRO PARA O CURSO 2015-2016.

CONVOCATORIA DE ADXUDICACIÓN

FOLLA DE ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS

REUNIÓNS DOS TITORES/AS DOS GRUPOS DE ESO E BACHARELATO COAS FAMILIAS

O martes 29 de setembro terá lugar no salón de actos do centro unha reunión de presentación dos titores de 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO ás familias co seguinte horario: 

  • Reunión dos pais cos titores/as de alumnado de 4º ESO ás 18:15
  • Reunión dos pais cos titores/as de alumnado de 1º e 2º Bacharelato ás 18:45

 

O martes 6 de outubro terá lugar no salón de actos do centro unha reunión de presentación dos titores de 1º, 2º e 3º ESO co seguinte horario:

  • Reunión cos pais de alumnado de 1º e 3º ESO para presentar o programa TEI ás 18:15, no salón de actos do IES.
  • Ao remate (18:45), reunión dos pais de 3º ESO cos titores/as de grupo nas aulas.
  • E continuamos a reunión (18:45) cos pais de alumnado de 1º ESO para presentar a Axenda Escolar no salón de actos e logo aos titores/as de grupo para reunirse con eles nas aulas.
  • Reunión dos pais de alumnado de 2º ESO cos titores/as ás 19:15 no salón de actos.

LISTAXE COMPLEMENTARIA DE LIBROS DE 2º ESO [FONDOLIBROS 2015_2016]

Listaxe complementaria dos libros de 2º ESO que se entregarán aos alumnos admitidos definitivamente en fondolibros.

Os alumnos de 4º ESO que están definitivamente admitidos en fondolibros recibirán os restantes libros entre mañá e o vindeiro luns na súa aula.

LISTAXE DEFINITIVA DOS ALUMNOS DE 2º E 4º ESO ADMITIDOS NO FONFO SOLIDARIO [2015_16] - Adxudicación de libros de texto

No adxunto publicamos a listaxe definitiva na que figuran os libros que recibirá o alumnado de 2º e 4º de ESO que se acolleu á convocatoria do fondo solidario de libros de texto 2015/16 (Orde de 21 de maio de 2015, DOG de 1 de xuño). Os alumnos que aparecen sen libro terán que esperar á súa adquisión na maior brevidade posible.

LISTAXE DEFINITIVA

Os libros serán entregados a partir do xoves 17 de setembro polos titores de 2º e 4º ESO nas súas respectivas  horas de titoría nos termos que establece o artigo 19 da devandita convocatoria (pode consultala aquí).

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO [2015-2016]

O xoves 10 de setembro, ás 18:00, terá lugar unha reunión informativa no IES sobre a tramitación de Bolsas e Axudas para alumnado con necesidades específicas.

A resolución pola que se convocan estas axudas foi publicada no BOE de 1 de agosto de 2015. Preme no enlace para consultar o texto da convocatoria:

Resolución de 24 de julio de 2015, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo, para el curso académico 2015-2016.

Nos adxuntos poderás acceder a un resumo da convocatoria (destinatarios, requisitos, dotación, prazos...)

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR [2015-2016]

Publicada no DOG de 1 de setembro a Orde do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Nos adxuntos podes acceder ao contido íntegro da Orde, ao impreso de solicitude e a un breve resumo da Orde. Tamén podes cumprimentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia [aquí].

BOLSAS PARA ESTUDOS BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E FP BÁSICA [2015-2016]

O xoves 6/8/2015 publicouse no BOE a Resolución pola que se convocan bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no ano académico 2015-2016 (bacharelato, ciclos formativos e FP básica). No enlace pódese acceder ao texto completo da devandita resolución.

As solicitudes deben cumprimentarse na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (aquí), entrando na opción "Trámites y servicios".

O período de solicitude desta convocatoria remata o 30 de setembro de 2015. 

BOLSAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS [2015-2016]

Distribuir contido