BOLSAS PARA ESTUDOS BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS E FP BÁSICA [2015-2016]

O xoves 6/8/2015 publicouse no BOE a Resolución pola que se convocan bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no ano académico 2015-2016 (bacharelato, ciclos formativos e FP básica). No enlace pódese acceder ao texto completo da devandita resolución.

As solicitudes deben cumprimentarse na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (aquí), entrando na opción "Trámites y servicios".

O período de solicitude desta convocatoria remata o 30 de setembro de 2015. 

BOLSAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS [2015-2016]

AnexoTamaño
RES 30-07-15 - Convocatoria de bolsas para estudos postobrigatorios [2015-2016]_0.pdf644.52 KB