Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de anuncios

Xornadas de portas abertas

30/01/2023

As familias que desexen visitar o centro de cara a matrícula do curso 2023 - 2024, poderán facelo nas seguintes datas e horarios:

E. Infantil: mércores 15 de febreiro de 2023 ás 16:30 horas.

E. Primaria: mércores 8 de marzo de 2023 ás 16:30 horas. ( Se alguén de infantil non pode vir o día sinalado, poderá facelo este día)

Inicio do curso 2022-2023

07/09/2022

O curso comezará mañá, 8 de setembro no horario habitual; E. Infantil e E. Primaria de 09:00 - 14:00 horas e ESO de 08:55 - 14:00 horas.  O comedor terá o seu horario habitual de 14:00 a 16:00 horas.

Nas recomendacións publicadas no portal educativo para a xestión da COVID, elimina a maioria de restricións, polo que o funcionamento do centro en canto a entradas e saídas, recreos, agrupamentos etc, será o previo a pandemia. Recordamos algunha das normas máis importantes:

Entradas e saídas

  • E. Infantil: entrarán pola porta principal do centro e farán fila no corredor interior custodiados polos mestres de garda. A saída será igualmente pola porta principal sobre as 13:50 para ser recollidos  polas familias ou coidadores de transporte.
  • E. Primaria: entrarán pola porta principal do centro e farán filas no patio cuberto custodiados polos mestres de garda. A saída será igualmente pola porta principal.
  • ESO: Entrarán ao tocar o timbre pola porta principal, facendo a saída polo mesmo lugar.

COMEDOR ESCOLAR: Ante a falta de confirmación por parte da Consellería do aumento de prazas, comezaremos coas 125 que temos adxudicadas. Podedes consultar a listaxe de comensais por día. Lembro que debemos de ser responsables, e avisar dos días que se vai facer uso do servizo, para así poder optimizar as prazas e que poidan facer uso das mesmas o maior número posible de familias.

USO DE MÁSCARA: A máscara seguirá vixente no transporte escolar e nos casos con síntomas compatibles coa COVID.

Fondo libros e axuda para materiais

18/05/2022

Dende o xoves 19 de maio ata o mércores 22 de xuño, estará aberto o prazo para a solicitude de fondo libros(1º,2º,3º,4º EP), e de axuda para o material, para todo o alumnado de EP e ESO.

As solicitudes poderán presentarse na secretaría do centro todos os días da semana pola maña de 10:00 - 13:00 horas, e os luns pola tarde de 16:45 - 17:45 horas. Tamén as poderedes presentar dixitalmente na aplicación Fondo Libros, con certificado dixital ou chave 365.

Impreso de solicitude

Listaxes provisionais de admisión

22/04/2022

Dende hoxe están expostas no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes privisonais de alumnado admitido para o vindeiro curso. Tamén pódense consultar en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ , con chave 365 ou certificado dixital.

Admisión de alumnado para o curso 2022-2023

22/02/2022

O prazo de admisión de alumnado para o curso 2022-2023 comprenderá do 1 ao 21 de marzo. As solicitudes presenciales serán entregadas na secretaría do centro. Tamén poden ser presentadas na aplicación de admisión da Consellería, empregando certificado dixital ou chave 365.

Descargar impreso

As vacantes do proceso, unha vez adxudicadas as prazas ao alumnado dos centros adscritos son:

Curso Vacantes
4º EI 25
5ºEI 0
6ºEI 0
1ºEP 1
2ºEP 9
3ºEP 16
4ºEP 3
5ºEP 19
6ºEP 0
1ºESO 0
2ºESO 16
3ºESO 2
4ºESO 15

Felices festas

Calendario do Feal 2022Preme para ver o calendario completo

22/12/2021

O profesorado do Feal desexa boas festas e feliz 2022 a toda a comunidade educativa.

O noso calendario de 2022 está dedicado as Lendas do Camiño de Santiago.

Os traballos seleccionados son do seguinte alumnado de Secundaria:

Alazne Soto Bernal
1º de ESO A Xaneiro
Adriana Martínez Cereijo
1º de ESO B Febreiro
Iago Paniagua Martínez
1º de ESO C Marzo
Laura Gómez Rodríguez
2º de ESO A Abril
Gabriel Feal Carneiro
2º de ESO B Maio
Daniela Lage Pedre
2º de ESO C Xuño
Lucía Pereira Pena
2º de ESO D Xullo
Lucía Sanesteban Guerrero
3º de ESO A Agosto
Estrella Cartelle Calviño /
Naiara Cupeiro Boado
3º de ESO B Setembro
Eva Mahía Prieto
3º de ESO C Outubro
Catuxa Corral Mosquera
4º de ESO A Novembro
Ainara Suárez Anca
4º de ESO B Decembro

 

Os gañadores de Infantil e Primaria para as tarxetas foron:

Erik Ananyan
4º de EI
Mateo Pazo Díaz
5º de EP B

 

Postal 2021Preme para ver a postal completa

 

Moitas grazas a todo o alumnado participante (e aos titores/as).

Solicitude máscaras para o alumnado

16/11/2021

Requisitos:

  • Os beneficiarios de cheque de material non terán que facer solicitude, xa serán beneficiarios de oficio.
  • Familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en E. Especial.
  • Alumnado suxeito a tutela da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grado de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Prazo de presentación: Na secretaría do centro ata o 26 de novembro.

Convocatoria de eleccións para pais e nais ao Consello Escolar

02/11/2021

Unha vez constituida a Xunta Electoral, convócase o proceso de eleccións ao Consello Escolar para nais e pais.

Circular da convocatoria

Posto Educativo no Fogar / Programa Educa en Dixital Galicia (Cesión de equipos informáticos con conectividade a internet)

07/10/2021

O programa consiste na cesión (nos centros educativos) dun kit composto por un ordenador portátil con conectividade á rede para o alumnado en risco de fenda social tecnolóxica. O noso centro dispón de 26 kits.

Aquelas familias sen conexión a internet interesadas, poderán presentar a súa solicitude na secretaría do centro, dende o venres 8 de outubro ata o venres 22 do mesmo mes.

Os criterios a seguir para a cesión serán:

  1. Ser perceptor do cheque de material.
  2. Darase prioridade ao alumnado dos cursos máis altos.
  3. Nº de irmáns no centro.
  4. Nº de equipos dispoñibles na unidade familiar.

As familias receptoras dos equipamentos deberán:

  1. Asinar unha declaración xurada de non dispoñer conectividade por falta de medios.
  2. Devolver o kit ao centro, cando lle sexa requerido, por non facer un uso axeitado para o proceso educativo.
  3. Asinar un acordo de cesión no modelo oficial do programa.

Descargar

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido