Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de anuncios

Solicitude de axudas para adquirir libros e material escolar

19/05/2020

Dende mañá, día 20 de maio, ata o 19 de xuño poderedes presentar a solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar.

A solicitude poderá presentarse presencialmente no centro (de 09:00 a 14:00 horas) ou na sede electrónica da Xunta.

Notas importantes sobre o proceso:

  • Lembrade que en 5º e 6º de E. Primaria non haberá libro de texto xa que somos centro Edixgal (libro electrónico). Unicamente presentaredes solicitude de material.
  • En 1º de E.S.O. foi tamén solicitado Edixgal. De todas formas, como non sabemos se seremos admitidos, presentaremos solicitude igualmente.

Normas de acceso ao centro para as familias que presenten a solicitude presencialmente:

  • Acceder seguindo as indicacións da Conserxe na entrada.
  • Traer un bolígrafo propio.
  • Vir con mascarilla.

Renovación de matrícula para o alumnado que xa está matriculado no centro no presente curso (Educación Infantil e Educación Primaria)

14/05/2020

Impreso de renovación de Matrícula: Descargar

Co fin de evitar aglomeracións, a renovación da matrícula para o curso 2020-2021, do alumnado que no presente curso xa está matriculado no centro, poderase facer por quendas ou ben online (a opción máis recomendable).

Quendas para facer a renovación de xeito presencial no centro (09:00 - 14:00 horas):

  • Infantil 4 anos: 18 e 19 de maio.
  • Infantil 5 anos: 20 e 21 de maio.
  • 1º de E. Primaria: 22 e 25 de maio.
  • 2º de E. Primaria: 26 e 27 de maio.
  • 3º de E. Primaria: 28 e 29 de maio.
  • 4º de E. Primaria: 1 e 2 de xuño.
  • 5º de E. Primaria: 3 e 4 de xuño.
  • 6º de E. Primaria: 5 e 8 de xuño.

Para a matrícula en ESO, anunciaremos as datas unha vez rematado o proceso en E. Infantil e E. Primaria.

Normas a seguir ao acudir ao centro:

  • Procurar traer o impreso xa cuberto de casa.
  • Respectar as distancias e as indicacións da Conserxe para a entrada ao centro.
  • Traer un bolígrafo propio.
  • É recomendable acudir con mascarilla.

Para facer a renovación online, podedes envíar o impreso cuberto a: cpi.feal@edu.xunta.gal, poñendo no asunto: Renovación e o curso.

Restablecemento do proceso de admisión do alumnado do 11 ao 18 de maio

06/05/2020

Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Os novos prazos do proceso quedarán:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

A secretaría do centro estará aberta de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas para atender exclusivamente o proceso de admisión.

Dende o centro rogamos que manteñades as distancias de seguridade, acudades cun bolígrafo propio, e recomendamos o uso de mascarilla.

Información importante para ás familias

Guía de abalarMóbil para as familias

28/03/2020

Estimadas familias: Nestes momentos de incertidume para todos, deixo a vosa disposición unha serie de información, co obxectivo de aclarar algunha da dúbidas que seguro tedes, e informarvos das últimas novidades que imos coñecendo. É moi importante que trasladedes esta información a todas aquelas familias que coñezades, para ver se entre todos imos mellorando os novos procesos de comunicación que teremos que empregrar durante esta dura etapa.

Atentamente e a vosa disposición,

Juan Carlos Bedia Vidal

Director do CPI do Feal.

Fondo solidario de libros de texto, e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

21/05/2019

  • Aberto o prazo para participar no Fondo solidario de libros de texto, e para solicitar axudas para adquirir libros de texto e material escolar, de cara ao próximo curso 2019/20.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de xuño ás 13:30.
  • Os impresos poden atoparse en Secretaría ou Conserxería, e tamén na web da Xunta de Galicia, onde está toda a información: www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Consulta a información académica do teu fillo/a desde o teu móbil

08/12/2016

O CPI do Feal está comezando a utilizar un servizo da Xunta de Galicia chamado abalarMóbil, que permite que as familias consulten a información académica dos seus fillos/as desde o seu ordenador ou móbil.

As principais utilidades deste servizo son as seguintes:

  • Consultar as cualificacións (despois do reparto dos boletíns)
  • Consultar as faltas de asistencia ou conduta
  • Recibir mensaxes do profesorado

De momento, comezaremos a probala principalmente na ESO (aínda que xa está funcionando nalgún grupo de Primaria).

A aplicación para móbiles (dispoñible gratuitamente en Google Play Store ou Apple App Store), só funcionará se o noso centro ten rexistrado o número do móbil no que se queira instalar. Por este motivo, en breve repartiremos unha circular nos grupos da ESO para que se entreguen os números de nais e pais actualizados a cada titor/a.

Pódese acceder a este sistema tamén a través da web chamada Espazo Abalar (o acceso do profesorado é idéntico ao do seu correo da Xunta).

No breve vídeo que abre este artigo, está ben explicado en que consiste esta ferramenta e como se crea unha conta. Ademais, quedará un enlace permanente á información de abalarMóbil na barra lateral esquerda da nosa web (baixo o apartado "Familias").

Animamos a todas as familias do CPI do Feal a que se unan a este interesante proxecto.

Horarios do profesorado para a atención a nais e pais durante o curso 2015/16

Aínda que a continuación figura unha táboa cos horarios dispoñibles, é necesario concertar unha cita previamente.


Profesor/a
 Día da semana
Hora
Infantil / Primaria Tod@s Mércores 16:30-17:30
Artes Plásticas Sonia Álvarez Luns 10:30-11:15
Ciencias Naturais María Varela Xoves 11:15-12:05
Educación Física Víctor Novo Mércores 11:15-12:05
Física e Química Manuel Joaquín Rodríguez (1º B) Venres 09:45-10:30
Francés Montse Lorenzo Venres 12:25-13:15
Inglés Ángeles Porto (4º B) Venres 10:30-11:15
Inglés Eva Mesejo (3º B) Luns 10:30-11:15
Lingua Castelá Mónica Fernández Xoves 10:30-11:15
Lingua Castelá Consuelo Santiso Venres 10:30-11:15
Lingua Galega María Anca Martes 10:30-11:15
Lingua Galega Roberto Queipo (1º A) Mércores 11:15-12:05
Matemáticas Mª José Campos Luns 11:15-12:05
Matemáticas Conchi Seijas Xoves 09:45-10:30
Música Silvia Moledo (3º A) Xoves 08:55-09:45
Música Pedro Abeal (1º C) Luns  12:25-13:15
Tecnoloxía Ángel Carrera (2º B) Xoves 10:30-11:15
Xeografía e Historia Marisa Agulló (4º A) Xoves 10:30-11:15
Xeografía e Historia Eva Loureiro Xoves  10:30-11:15
Xeografía e Historia Manuela Santalla (2º A)  Venres 09:45-10:30
Orientadora Susana Rodríguez  Venres 08:55-09:45
P. T. Nieves Cortizas  Luns 12:25-13:15

Datos de contacto da ANPA

  • Teléfono: 608 686 937
  • Correo electrónico: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Web: obuxato.jimdo.com

Recollida do alumnado menor de 12 anos nas paradas do transporte escolar

15/09/2014

Segundo a normativa vixente do transporte escolar, os menores de 12 anos deberán ser recollidos nas respectivas paradas por un adulto.

No caso de que nin o pai nin a nai poidan recollelo, poderán autorizar a outra persoa, debendo cumprimentar e entregar á acompañante da ruta a autorización que se achega.

Navega con rumbo

Navega con rumbo

06/03/2013

O pasado 4 de marzo, Enrique Sedes (representante do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia) achegouse ao Feal para dar unha charla orientada ás familias sobre a seguridade en Internet. Deixamos aquí o material utilizado na charla:

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido