Saltar navegación.
Inicio

Consulta a información académica do teu fillo/a desde o teu móbil

08/12/2016

O CPI do Feal está comezando a utilizar un servizo da Xunta de Galicia chamado abalarMóbil, que permite que as familias consulten a información académica dos seus fillos/as desde o seu ordenador ou móbil.

As principais utilidades deste servizo son as seguintes:

  • Consultar as cualificacións (despois do reparto dos boletíns)
  • Consultar as faltas de asistencia ou conduta
  • Recibir mensaxes do profesorado

De momento, comezaremos a probala principalmente na ESO (aínda que xa está funcionando nalgún grupo de Primaria).

A aplicación para móbiles (dispoñible gratuitamente en Google Play Store ou Apple App Store), só funcionará se o noso centro ten rexistrado o número do móbil no que se queira instalar. Por este motivo, en breve repartiremos unha circular nos grupos da ESO para que se entreguen os números de nais e pais actualizados a cada titor/a.

Pódese acceder a este sistema tamén a través da web chamada Espazo Abalar (o acceso do profesorado é idéntico ao do seu correo da Xunta).

No breve vídeo que abre este artigo, está ben explicado en que consiste esta ferramenta e como se crea unha conta. Ademais, quedará un enlace permanente á información de abalarMóbil na barra lateral esquerda da nosa web (baixo o apartado "Familias").

Animamos a todas as familias do CPI do Feal a que se unan a este interesante proxecto.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com