Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de anuncios

O CPI do Feal, admitido no programa Digitalweek para o alumnado de 3º da ESO

6/10/2023

Na resolución definitiva do programa da Consellería para inmersión lingúística en inglés e mellora da competencia dixital; Dixitalweek 2023, o alumnado de 3º da ESO, contará con 25 prazas para asistir durante unha semana ao centro de inmersión lingüística dos Peares - Ourense. Na actividade estarán acompañados pola profesora de inglés do centro.

Dado que foron 25 prazas as concedidas, os criterios de selección do alumnado interesado, serán os contemplados no NOF do centro para as seccións bilingües:

- Nota en lingua inglesa o curso pasado.

Os posibles empates resólvense:

- Nota media do curso pasado.

En caso de seguir habendo empates: iranse tomando os criterios anteriores baixando de curso.

O alumnado recibirá no centro unha ficha para mostrar a súa intención de participar no programa.

A actividade está prevista do 19 ao 25 de novembro de 2023.

Información do programa

Cobertura de golpes ou roturas accidentais nos portátiles Edixgal do alumnado

Crack

03/10/2023

Ante as numerosas dúbidas xurdidas entre as familias sobre a cobertura de golpes ou roturas nos portátiles Edixgal do alumnado (desde 5º de Primaria ata 4º de ESO), achegamos a documentación oficial da empresa Plexus con toda a información.

Xuntanzas informativas de inicio de curso para 1º de ESO

24/09/2023

O próximo luns 25 de setembro ás 18:15, haberá unha recepción das familias de 1º de ESO no comedor escolar, e a continuación cada familia terá unha reunión coa titora do seu grupo na aula correspondente.

Listaxes definitivas de usuarios do comedor e de comensais por día

05/09/2023

Dende hoxe podense consultar no taboleiro do centro as listaxes definitivas de usuarios do comedor escolar unha vez resoltas as reclamacións oportunas.

Como todos os anos, o feito de non ser usuario non implica necesariamente que non se poida facer uso do servizo. Os días que deixan os usuarios que non fan uso do comedor a diario se ofertan ao alumnado en lista de espera. Hoxe serán publicadas tamén unhas listaxes co alumnado que pode facer uso do comedor por día da semana. A medida que vaíamos coñecendo máis vacantes serán ofertadas por orde da lista de espera.

Información importante para os usuarios:

  • Deben informar no centro os días exactos que van usar o servizo, para poder optimizar as prazas e ofrecer as vacantes ao alumnado en listaxe de espera.
  • Dende o centro vaise ser moi estrito co cumprimento das  normas do comedor, así os usuarios que non usen os días asignados sen avisar, poderán perder a súa condición se o Consello Escolar así o decide.
  • As ausencias imprevistas deben ser avisadas a encargada de comedor antes das 9:30 horas da mañá.

Libros de texto curso 2023/2024

14/06/2023

Dende hoxe tedes no taboleiro de anuncios do colexio os libros de texto para o vindeiro curso.

Xornada de Colpbol

24/05/2023

Hoxe xunto cos colexios de Piñeiros, San Ramón de Moeche e Ayala, participarmos nunha xornada de Colpbol, xogo alternativo con moi boa acollida entre o alumnado.

Felicitar a todos os participantes polo seu comportamento.

Fondo solidario de libros e axuda para adquirir libros e material escolar

22/05/2023

Convocatoria de fondo solidario de libros (1º,2º,3º,4º de E. Primaria) e axudas para material (E. Primaria e ESO)

O prazo remata o 21 de xuño.

Pódese facer a solicitude presencialmente na secretaría do centro, o a través da aplicación de Fondo Libros, con certificado dixital ou Chave 365.

Listaxes definitivos de admisión curso 2023/2024

16/05/2023

Dende hoxe están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes definitivas de admisión para o curso 2023/2024. Tamén poden consultarse coa chave 365 ou certificado dixital na aplicación; https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Admisión alumnado curso 2023-2024

24/02/2023

  • Alumnado con reserva de praza de centros adscritos: Xa están publicadas as listaxes no taboleiro de anuncios do centro.
  • Vacantes
  • Admisión de novo alumnado para o curso 2023/2024: O prazo de presentación de solicitudes comprende do 1 ao 20 de marzo. A solicitude poderá ser presencial na secretaría do centro ou electrónica, empregando a aplicación de Admisión con certificado dixital ou Chave 365.
  • Descargar solicitude para presentar presencialmente

Xornadas de portas abertas para novo alumnado de E. Infantil e E. Primaria

02/02/2023

As familias interesadas en matricular o vindeiro curso no centro aos seus fillos/as, poderán visitar o centro os seguintes días:

  • Mércores 15 de febreiro ás 16:30 - E. Infantil.
  • Mércores 8 de marzo ás 16:30 - E. Primaria.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido