Skip to Content

Probas extraordinarias de bacharelato

Exames extraordinarios 1º bacharelato

 

Exames extraordinarios 2º bacharelato

Fondo solidario de libros de texto 2023/2024

 

Está aberto o prazo de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24. 

-O prazo de presentación de solicitudes comeza o luns 22 de maio de 2023 e remata o día mércores 21 de xuño de 2023.

-As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal/portada.

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365.

-O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada.

Entrega de notas de 2º de bacharelato

ENTREGA DE NOTAS DE 2º DE BACHARELATO

As notas entregaranse en papel o martes 16 de maio na aula do grupo:

  • 2º Bacharelato A e B ás 10:10.
  • 2º Bacharelato C e D ás 12:10.

 

Despois da entrega de notas haberá unha CHARLA INFORMATIVA por parte de Miguel, o orientador do centro, no salón de actos para TODO o alumnado que obtivo o título (non só para o que vai a ABAU).

  • 2º Bacharelato A e B ás 10:30.
  • 2º Bacharelato C e D ás 12:30.

 

Convocatoria de bolsas e axudas para o curso 2023/2024

 

 (Pica na imaxe para ver a información)

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de convocar as bolsas de carácter xeral para o ano académico 2023–2024, para estudantes que cursen estudios postobrigatorios (Bacharelato, ciclos formativos, estudos universitarios,...).

 

O prazo para solicitar as mesmas estenderase dende o día 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023, ás 24:00 horas, hora peninsular, ambos inclusive.

 

Os/As interesados/as en solicitar ditas axudas deberán cumprimentar o modelo de solicitude que figura na páxina web do citado ministerio a través do seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2023.html

 

 

Para máis información sobre este procedemento podese consultar o seguinte enlace https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

IV XORNADAS ESPAZO FAMILIAS: ENCONTROS PARA A MELLORA DA COMUNICACIÓN FAMILIAR

( clicando na imaxe enlazas coa nosa páxina web)

 

Chegan as IV Xornadas EspazoFamilias!

Este ano a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre as persoas participantes. 

Durante tres xornadas xeraremos un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiencias en torno a gran tarefa que temos as persoas adultas intentando educar ás nosas crianzas.

Introducimos para iso unha novidade que consideramos moi enriquecedora: non limitarnos ás familias e incluír á rapazada como parte fundamental destas xornadas. Para iso deseñamos actividades paralelas ao encontro de adultos onde elas e eles sexan as protagonistas.

As sesións estarán a cargo de:

  • Anabel Mosquera (pedagoga, formadora e experta en adiccións) estará coas nais, pais, titores e adultos a cargo de menores.
  • Xaime Bello (Educador social e coordinador do Proxecto Turbina) con adolescentes a partir de 13 anos
  • Alba Pérez (Educadora Social) coa rapazada de 8 a 12 anos
  • Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace: https://espazofamilias.org/reserva/

As demáis actividades non precisan de reserva.

Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril

Hora: 18.00h

Lugar: Centro Social de Boiro

 

Animámosvos a participar!!!

 

PREMIOS INNOVAGAL

Queremos compartir a nosa ledicia porque a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a caba de concedernos o terceiro posto nos PREMIOS INNOVAGAL 2022  pola nosa traxectoria de compromiso coa innovación educativa. 

Trátase dun recoñecemento ao noso traballo por crear unha rede entre nós, alumnado e profes, e persoal non docente, e familias, e outros centros, un rede co Centro de día, co Concello, con Amicos e con todas as persoas, axentes e realidades que queren sumar para trasnformarnos en algo mellor. 

O proxecto titulouse Reunir. Na súa portada este óleo sobre lienzo de Matisee. No interior pçaxinas e páxinas falando de  DeBoiroLibros, de Hortícolas, do Proxecto Amarre, do Espazo familias, dos Recreactivos... E de todo iso que intenta facer do IES Praia Barraña algo máis. Podedes vir a consultalo ao centro. 

HISTORIA DEL ARTE : temas, imágenes y comentario: MATISSE ...

 

O proxecto ía acompañado dun video onde quixemos mostrarvos algunhas desas cousiñas que facemos por aquí. A ver que vos parece. 

Tamén recolleron na prensa ( O Barbanza)  o recoñecemento. 

 

 

 

Grazas!!!

 

Innova REUNIR 22.mp4 from Pascual Vidal on Vimeo.

Improving your town

 

O 25 de Xaneiro catro membros do alumnado de 3º ESO elixidos por sorteo ( Airam Ces, Nelly González, Manuel González, Leire Rodríguez) acompañados da docente Pury Vez , foron recibidos pola Concelleira de Cultura e polo alcalde de Boiro para presentar o produto final dunha unidade didáctica baixo o título Improving your town (mellorando a túa cidade) . A unidade didáctica foi levada a cabo no marco do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 11 (Cidades e comunidades sostibles) e duns obxectivos e competencias específicas . Trala recollida de sinaturas e votacións a favor realizadas no centro escolar, algunhas das peticións achegadas á reunión no Concello foron : instalación de mais farolas solares nas rúas, mais fontes de auga potable, peticións concretas para mellorar as instalacións deportivas da vila e do rural, melloras nas paradas de autobús no rural, zonas de lecer cubertas, bicicletas de aluguer, etc . Agradecemos a atención cordial e pormenorizada tanto por parte da concelleira como polo alcalde en escoitar a opinión da mocidade. Grazas ao alumnado pola súa implicación na actividade. Se queredes saber mais, achegádevos a nós.

Todo o alumnado de 3º ESO.

Distribuir contido


by Dr. Radut