Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

PROFESORES:

  • Beatriz Arguindey García 
  • Verónica Otero Domínguez
  • Ana Urbieta Balado (Xefa de Departamento)

MATERIAS:

  • Bioloxía e xeoloxía: 1º, 3º, 4º ESO e 1º bac
  • Cultura científica: 4º ESO e 1º BAC
  • Bioloxía: 2º BAC
  • Xeoloxía: 2º BAC
  • Anatomía: 1º BAC

 PROGRAMACIÓN ANUAL DO DEPARTAMENTO:

Visita didáctica ao intermareal de Aguiño

O martes 3 de maio, os alumnos e alumnas de 1º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Praia Barraña, acompañados polos seus profesores de bioloxía, Bea, Suso e Ana, achegáronse a Aguiño para estudar a zona intermareal, un hábitat que está cuberto de auga durante a marea alta e exposto ao aire durante a marea baixa.

 

Pola mañá, avanzando cara ao océano, a medida que a marea retrocedía, e a zona intermareal quedaba accesible, foron explorando as pozas de distinto tamaño e profundidade que ía formando a auga atrapada entre as rochas.  Pouco a pouco, descubriron que estas piscinas naturais estaban cheas de vida mariña que afloraba ante os seus ollos: caramuxos, arneiróns, mexillóns, actinias, ourizos de mar, lebres de mar, ofiuras, holoturias, estrelas de mar, cangrexos ermitáns, queimacasas, camaróns, ascidias coloniais, xunto cunha enorme variedade de algas e pequenos peixes. Tomaron fotos e puxeron a proba os seus coñecementos ata o mediodía, cando o mar comezou o seu ascenso, e houbo que emprender o camiño de volta, mentres as augas ían cubrindo de novo a zona intermareal e os seus habitantes.

Pola tarde, despois de comer, o grupo desprazouse  ata Corrubedo, para visitar a duna e disfrutar de tempo libre na praia antes de regresar a Boiro.

¡Movilízate por la selva!

 

Dende o Departamento de Bioloxía a profesora Aúrea Parcero Mariño e o alumnado de Bioloxía de 1ºESO A e B e de Ciencias Aplicadas de 4ºESO A están a participar da campaña MOVILÍZATE POR LA SELVA organizada polo Instituto Jane Googall (IJG)  e Mensaxeira da Paz por Nacións Unidas.

Trátase dunha campaña solidaria e ecolóxica vinculada á explotación sen control do Coltán no Congo. Aquí vos deixamos un enlace para saber maís desta cuestión que deixa atrás tantas vítimas.

Podedes participar traendo ao instituto os teus móbiles en desuso e así poder reutilizarse ou reciclarse e “converterse” en materiais educativos para nenas e nenos africanos, alimentos e medicinas para chimpancés rescatados, ou sementes e árbores nas selvas de África. Aquí vos deixamos algúns dos carteis realizados polo alumnado e o dosier informativo. 

Moitas grazas

 

Modificacións da programación didáctica. Curso 2019 - 2020

Monográfico de Investigación e Ciencia sobre Cambio Climático. 27/09/2019

Se accededes ao documento adxunto podedes ler o último monográfico de Investigación e Ciencia sobre Cambio Climático.

Modelo anatómico do ollo feito con gominolas

O día 28 de maio comezaron as exposicións dos grupos de traballo da materia de Anatomía Aplicada. O grupo de Mar, Alba Vidal, Alba Castro, Laura e Quique, acompañaron a súa brillante exposición cunha presentación de diapositivas e un modelo anatómico do ollo feito con gominolas. Un traballo de 10. Noraboa!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut