Skip to Content

Inglés

DEPARTAMENTO DE INGLÉS

PROFESORES:

  • Purificación Vez Fernández 
  • Mª Luisa Martínez Muñiz (Xefa de Departamento)
  • Xosé Manuel Rivas Pérez

MATERIAS:

  • Lingua extranxeira - Inglés: 1º,2º,3º e 4º ESO
  • Lingua extranxeira I - Inglés: 1º BAC
  • Lingua extranxeira II - Inglés: 2º BAC

 PROGRAMACIÓN ANUAL DO DEPARTAMENTO:

Improving your town

 

O 25 de Xaneiro catro membros do alumnado de 3º ESO elixidos por sorteo ( Airam Ces, Nelly González, Manuel González, Leire Rodríguez) acompañados da docente Pury Vez , foron recibidos pola Concelleira de Cultura e polo alcalde de Boiro para presentar o produto final dunha unidade didáctica baixo o título Improving your town (mellorando a túa cidade) . A unidade didáctica foi levada a cabo no marco do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 11 (Cidades e comunidades sostibles) e duns obxectivos e competencias específicas . Trala recollida de sinaturas e votacións a favor realizadas no centro escolar, algunhas das peticións achegadas á reunión no Concello foron : instalación de mais farolas solares nas rúas, mais fontes de auga potable, peticións concretas para mellorar as instalacións deportivas da vila e do rural, melloras nas paradas de autobús no rural, zonas de lecer cubertas, bicicletas de aluguer, etc . Agradecemos a atención cordial e pormenorizada tanto por parte da concelleira como polo alcalde en escoitar a opinión da mocidade. Grazas ao alumnado pola súa implicación na actividade. Se queredes saber mais, achegádevos a nós.

Todo o alumnado de 3º ESO.

Climate Change.

Logo de ter traballado unha unidade didáctica sobre o cambio climático na materia de Inglés, o alumnado de 4ºC acudiu á praia para facer unha pequena batida de residuos coa súa profesora Pury Vez. No tempo que estiveron alí, recolleron, clasificaron e desbotaron nos contedores correspondentes unha morea de residuos, practicando o aprendido e axudando a reducir a nosa pegada. Podedes ver de preto todo o que recolleron na nosa conta de Instagram (@barranaenreda), pero arriba podedes ver a mostra. Dá que pensar, ou non?

Día Internacional para a Tolerancia. Conversas con Mans Unidas.

 

O martes 16 de novembro, con motivo do Día Internacional para a Tolerancia, e dentro do marco do noso Proxecto Integrado “Cidadáns do mundo” recibimos a visita de dous voluntarios de Mans Unidas e Ecos do Sur, Mabel Mougán e Djibril Faye. Mabel e Djibril conversaron co alumnado de 4º e 3º da ESO, respectivamente, sobre os campos de refuxiados e sobre a experiencia da emigración.

Djibril Faye, voluntario da ONGD Ecos do Sur, veu nesta ocasión coma colaborador da ONGD Mans Unidas da  Delegación  de Santiago. Mans Unidas  leva  62  anos  loitando contra  a  fame  e a  desigualdade  nos  países do cono sur apoiando á  poboación  no  seu desenvolvemento  con  distintos  proxectos (educativos,  sanitarios , agrícolas ...) .   Djibril  traballa  na  ONG Ecos do  Sur como  mediador  intercultural  e  como  responsable  do  programa de acompañamento  sanitario. Actualmente residente en A  Coruña,  Djibril  é de  orixe  Senegalés, e compartiu coa  rapazada de 3º ESO  a  súa  experiencia como  migrante chegado  a  Canarias e  o  seu  periplo por España.

Djibril é quen de  falar 6  linguas además do  castelán  e  leva  traballando  en  Ecos do  Sur  dende o  ano  2008.  O alumnado tivo  unha  actitude  exemplar durante  toda  a  charla.  Agardamos que  compartan  a  experiencia  coas  súas  familias. 

Pola súa parte, Mabel Mougán, voluntaria da ONGD Mas Unidas, relatou a súa visita a ONGD Kuchinate en Israel, colectivo de mulleres africanas, ao alumnado de 4º ESO. A organización Kuchinate ten como obxectivo dar acubillo a mulleres africanas, sobre todo de Eritrea e Sudán, que foxen dos seus países en busca dun futuro mellor, pero moitas delas acaban sendo vítimas da trata de persoas, encarceradas e violadas. Finalmente as que conseguen chegar a Israel son acollidas por esta ONGD que lles proporciona un fogar, axuda psicolóxica e un medio de vida coa elaboración de artesanía de crochet. Unha realidade, a destas mulleres, moi dura, xa que ademais de todo o dito hai que sumarlle o feito de que en Israel non teñen o recoñecemento de refuxiadas, o que fai que “non existan” legalmente, de aí a importancia desta entidade que lles proporciona a axuda necesaria para sobrevivir.

Grazas a Mans Unidas por prestarse desinteresadamente a aproximar estas realidades ao noso alumnado, e á nosa xefa do Departamento de Inglés, Pury Vez, por xestionalo. Agardamos seguir aprendendo e enriquecéndonos con outras experiencias neste curso, da man do noso proxecto "Cidadáns do mundo".

Modificacións da programación didáctica. Curso 2019 - 2020

VIAXE A LONDRES 2019

Selección de fotos da viaxe a Londres realizada entre o 7 e o 12 de febreiro para 3º de ESO.

TOM SAWYER

Fotos da excursión ao colexio La Salle de Santiago para o alumnado de 1º e 2º ESO, realizada o luns 21 de xaneiro, con motivo da representación en inglés da obra "Tom Sawyer", a cargo da compañía de teatro Transeduca.

 

VIAXE A LONDRES 2018

Por oitavo ano consecutivo, os alumnos de 3º de ESO trasladáronse á capital británica nunha viaxe organizada polo Departamento de Inglés. Para algúns máis que outros, a excursión converteuse en toda unha aventura, pois era a súa primeira saída ao estranxeiro ou mesmo a primeira viaxe en avión. En Londres tiveron ocasión de visitar os monumentos máis emblemáticos, coñecer aspectos da cultura local, aprender a orientarse nunha gran cidade e poñer en práctica o idioma aprendido na aula, entre outras cousas. A viaxe prolongouse durante seis días, do 1 ao 6 de febreiro. As fotos resumen parte do acontecido.

 

 

             

 

                  

EXCURSIÓN A TEATRO EN SANTIAGO

O venres, 19 de xaneiro, os alumnos de 1º e 2º de ESO fixeron unha excursión a Santiago para ver a obra de teatro "Sherlock Holmes" no auditorio do Colexio La Salle, a cargo da compañía Transeduca.


 

Trala obra, os alumnos de 1º ESO visitaron o Museo do Pobo Galego, onde participaron nun xogo de pistas.

 

Os alumnos de 2º ESO realizaron unha visita guiada ao CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea).

 

A xornada rematou cun percorrido polo casco vello da cidade e un descanso para xantar. A volta a Boiro foi ás 6 da tarde.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut