Skip to Content

Programa XOGADE

Programa Xogade. Carreira de Orientación.

O mércores 24 de novembro un grupo de alumnos e alumnas achegáronse coas profesoras Pilar Barros e Carolina Fernández a Porto do Son, para participar nunha carreira de orientación organizada polo Programa Xogade. A carreira desenvolveuse no Campamento Virxe de Loreto, cunha organización que merece os nosos parabéns e nunha paraxe do máis axeitada. O noso alumnado puxo en práctica as súas habilidades e todos e todas foron quen de completar a proba. Pasaron unha mañán estupenda ao aire libre e activándose. Agardamos a seguinte convocatoria do programa con moitas ganas.

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 O Departamento de Educación Física organizou unha serie de actividades encamiñadas a incrementar as experiencias deportivas do noso alumnado, mellorar a conivencia no noso centro e seguir apostando por potenciar os hábitos de vida activa e saudable.

Proxectos como  os RecreActivos, o Maio natural, o programa Xogade ou a colaboración con clubs deportivos locais son algunhas das iniciativas que un ano tras outro intentamos desenvolver no noso Proxecto Deportivo de Centro. 

Este ano tivemos que adaptarnos e renunciar a algunha que outra actividade pero de seguro que pronto volveremos con forzas e ilusión renovadas. 

 

Velaquí un pequeno resumo gráfico dalgunha destas actividades que tamén podedes ver nas redes sociais de Barrañadeportiva.

 

 dragóns jpg_0.jpgremo jpg.jpgecoparque jpg.jpgraftingjpg.jpgpaddel jpg.jpgsurf_jpg_0.jpg

EQUIPO DO IES PRAIA BARRAÑA NA CARREIRA DE ORIENTACIÓN -FASE PROVINCIAL-

   O martes 9 de Abril celebrouse na Coruña a Fase Provincial de Orientación. Os integrantes do equipo IES PRAIA BARRAÑA previamente clasificados na Fase Comarcal fixeron un gran traballo representándonos con gañas e ilusión.

   Mención especial para o alumno Alejandro Valiño Rodríguez que co seu 4º posto conseguiu clasificarse para o Campionato Autónomico de Orientación.

equipo orientación provincial_0.jpg

CARREIRA DE ORIENTACIÓN, FASE COMARCAL- DEPORTE ESCOLAR XOGADE.

Algúns dos alumnos de 1º e 3º da ESO do IES PRAIA BARRAÑA participaron na "Fase Comarcal de Orientación" disputada no parque da Cachada do noso concello o pasado xoves 21 de Marzo.

Noelia Vilarnovo Suárez acadou o segundo posto na categoría Infantil Feminino, e Alejandro Valiño Rodríguez subiu ao primeiro posto na categoría Cadete Masculino.

Parabéns a todos os participantes por haber gozado dunha grata experiencia deportiva e por apostar por un estilo de vida activo e saudable. 

 

Programa XOGADE 2018-2019

O IES Praia Barraña a través do Departamento de Educación Física participará en algunhas das actividades do Programa XOGADE 2018-2019.

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma, dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta de Galicia: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.

xogade

 Para máis información sobre o Programa XOGADE pinche na imaxen.

Carreira de Campo a través. Fase Comarcal: resultados

O pasado venres 2 de decembro os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO participaron na primeira fase do Campeonato escolar de Campo a través organizado dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia. Os resultados acadados foron moi satisfactorios destacando o primeiro posto de Juan González Lojo e o segundo de Jesús Ares Maneiro en categoría Cadete Masculino e as clasificacións en primeiro lugar do equipo Cadete Masculino e en segundo lugar dos equipos Infantil Masculino e Cadete Feminino. Noraboa a todos os participantes!

E para acceder ao arquivo cos resultados preme aquí

E para acceder ao arquivo cos clasificados para a fase intercomarcal que se celebrará en Serra de Outes o 27 de xaneiro preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut