Skip to Content

Reclamacións

Reclamacións curso 22-23

Revisión no centro

O alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras, de ser menor de idade, no caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia, ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada, poderán solicitar por escrito a revisión da devantida cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.

O procedemento de revisión no centro será o establecido no artigo 4 da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das deccisións de promoción e obtención do título académico que corresponda.

 

2º de Bacharelato

No caso das revisisións de cualificacións de materias de segundo curso de bacharelato ou de cualificacións nas materias pendentes de primeiro curso de bacharelato, presentaranse por escrito, no centro no que se cursasen, dirixidas á dirección do centro nos seguintes prazos:

  • Convocatoria ordinaria: 18 e 19 de maio de 2023.
  • Convocatoria extraordinaria: 26 e 27 de xuño de 2023.

 

Documento modelo de solicitude de reclamación no centro

 

 

Reclamacións ante a Xefatura Territorial

No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo, poderán presentar por escrito á dirección do centro docente, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á comunicación sobre a decisión adoptada, reclamación ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O procedemento de reclamación ante as xefaturas territoriais será o establecido no artigo 5 da citada Orde do 2 de marzo de 2021.

 

2º de Bacharelato

  • Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2023.
  • Convocatoria extraordinaria: 29 e 30 de xuño de 2023.

 

Documento modelo de solicitude de traslado á Xefatura Territorial

 

Distribuir contido


by Dr. Radut