Skip to Content

ANPA

Membros da ANPA

     PRESIDENTA:

               Merche Ballesteros Torrado

     (Representante no Consello Escolar)

     VICEPRESIDENTA:

             Beatriz Hernández Castro

     SECRETARIA:

              Taciana Rial López

     TESOUREIRA:

               Nieves García Suárez

     VOGAIS:

             Durbe del Pilar Viturro Blanco

             María del Pilar Pose Treus

 

Conta de correo electrónico: anpa.santalucia@gmail.com


Teléfono de contacto: 623177705

 

Solicitude transporte de pago

Achégase solicitude para aquelas familias a cuxos fillos/as non lles corresponda o bus gratuíto e queiran facer uso do transporte de pago compartido co IES A Espiñeira.

Os interesados deben descargar a solicitude que se anexa máis abaixo, cubrir os datos que nela se piden e entregala a calquera das integrantes da directiva da ANPA Santa Lucía do IES Praia Barraña. Tamén se poderá recoller exemplar da solicitude na Secretaría do Centro.

 

Publicación das listaxes definitivas do Fondo Solidario de libros de texto (Curso 2020-2021)

 

Xa poden consultar as LISTAXES DEFINITIVAS de "admitidos" e "excluídos" no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS para o curso 2020/21 e no taboleiro de anuncios do centro.

*Os libros repartiranse o día da presentación de cada curso da ESO. (Non podemos concretar a data xa que estamos pendentes das instrucións definitivas da Consellería de Educación para poder organizar este inicio de curso)

*Recomendamos non mercar ningún libro ata comprobar que o centro non dispón de existencias.

O cheque de axudas para a adquisición de material escolar entregarase tamén ao inicio de curso, coincidindo coa entrega ordenada dos libros de texto.

NIN UN PASO ATRÁS!

           

Curso de atención a urxencias sanitarias para familias

O Centro Autonómico de Formación e Innovación, dentro das súas actuacións, ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación desenvolverase no CIFP Compostela (Rúa Lamas de Abade, SN, Santiago de Compostela)  e as datas de realización serán os vindeiros días 16 - 23 - 30 de xaneiro entre as 17:00 e as 20:00 H.
 
 
Para facer a inscrición cómpre mandar un correo electrónico a xcarlosro@edu.xunta.es antes do día 15 de xaneiro, no que deben indicar nome completo e dni da persoa asistente.
 

Aprende a salvar unha vida

Xuntamos folla de inscripción.

"A unión fai a forza"

                   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut