Skip to Content

Plan Proxecta

Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, o obxectivo central deste plan é construír modelos de mellora mediante proxectos interdisciplinares integrados na programación xeral anual e nas programacións do profesorado participante que teñan un alto potencial de transferibilidade tanto no propio centro no que se orixinan como no resto da comunidade educativa galega mediante a súa difusión desde os canles dixitais da Consellería. Para máis información sobre o Plan Proxecta pinche na imaxen.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut