Skip to Content

Relixión

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN

PROFESORES:

  • Isabel Ventoso Millet (Xefa de Departamento)

MATERIAS:

  • Relixión católica: Todos os cursos 

 PROGRAMACIÓN ANUAL DO DEPARTAMENTO:

Saída didáctica a Ourense

 

O mércores 17 de novembro un grupo de alumnas e alumnos de 3º ESO visitaron a cidade de Ourense da man do Dpto. de Relixión. Na cidade realizaron o roteiro literario vencellado ao autor Carlos Casares e á obra A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, e pasearon  polas rúas localizando as casas natais de Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Xocas.

A continuación fixeron unha visita á Catedral de Ourense, e despois do xantar gozaron das Termas.

Unha xornada completa de educación e lecer fóra das aulas, acompañados polas profesoras Isabel Ventoso e Marieta Picón.

Modificacións da programación didáctica. Curso 2019 - 2020

Peregrinación a Santiago de Compostela

O  Luns 7 de Novembro  os alumnos  de  1ºESO  acompañados das profesoras  Isabel Ventoso, Marieta Picón e  Pury Vez percorreron a  etapa 21ª do  Camiño  primitivo, 4,5 km dende  on  Monte  do  Gozo ata  a  catedral. 

No  Monte  do  Gozo xuntámonos con rapaces  de outros  centros escolares  de Noia, Porto do Son, Cambre ... en  total  uns  300 pelegríns. Portamos uns  dorsales  a favor da  campaña  anual  da ONG Mans Unidas. 

Xa  na  praza  da Quintana  puidemos  descansar antes  de  pasar pola Porta  Santa,  escoitala  Misa  do  Pelegrín e  disfrutar  do  Botafumeiro

Próxima saída para 3º e 4º ESO: Catedral de Ourense e Termas de Outariz

No mes de Febreiro realízarase a saída para o alumnado de 3º e 4º ESO que cursan a materia de Relixión a Ourense.

As visitas que se realizarán serán as seguintes:

- Roteiro guiado pola cidade

- Visita a Catedral

- Termas de Outariz

Distribuir contido


by Dr. Radut