Skip to Content

Espazo Familias

Espazo familias - Comprendendo a adolescencia para poder exercer de Guía - 31/01/2024

O próximo mércores 31/01/2024 ás 18:00 no Centro Social de Boiro terá lugar unha nova sesión do Espazo familias. Desta volta acompañárannos a sexóloga e psicóloga Penélope Alonso, a educadora social Alba Fernández e o educador social Jaime Bello. Dentro dese obxectivo marcado de ser quen de comprender á adelescencia para ser quen de acompañar mellor desta volta tratarase a Educación Sexual. Sodes todas/os benvidas/os á esta sesión. 

Para reservar o servizo de canguraxe preme nesta ligazón.

IV XORNADAS ESPAZO FAMILIAS: ENCONTROS PARA A MELLORA DA COMUNICACIÓN FAMILIAR

( clicando na imaxe enlazas coa nosa páxina web)

 

Chegan as IV Xornadas EspazoFamilias!

Este ano a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre as persoas participantes. 

Durante tres xornadas xeraremos un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiencias en torno a gran tarefa que temos as persoas adultas intentando educar ás nosas crianzas.

Introducimos para iso unha novidade que consideramos moi enriquecedora: non limitarnos ás familias e incluír á rapazada como parte fundamental destas xornadas. Para iso deseñamos actividades paralelas ao encontro de adultos onde elas e eles sexan as protagonistas.

As sesións estarán a cargo de:

  • Anabel Mosquera (pedagoga, formadora e experta en adiccións) estará coas nais, pais, titores e adultos a cargo de menores.
  • Xaime Bello (Educador social e coordinador do Proxecto Turbina) con adolescentes a partir de 13 anos
  • Alba Pérez (Educadora Social) coa rapazada de 8 a 12 anos
  • Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace: https://espazofamilias.org/reserva/

As demáis actividades non precisan de reserva.

Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril

Hora: 18.00h

Lugar: Centro Social de Boiro

 

Animámosvos a participar!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut