Skip to Content

Espazo Familias

II Faladoiro EspazoFamiliaS

25/11/2019 17:18
Europe/Madrid

 Neste curso 2019-2020 o EspazoFamiliaS-Boiro inicia a súa segunda etapa cun faladoiro para reflexionar e aprender a mellorar a alimentacion e evitar a obesidade infantil ou outros trastornos alimentarios. 

Lembrade que temos setvicio de canguraxe. Apuntádevos no vos cecntro educativo ou enviádenos un correo a espazoboiro@gmail.com. 

 

Agardámosvos. 

Inscrición Faladoiro_ ESPAZOFAMILIAS_ 28 de abril

Se queres asistir ao primer FALADOIRO do ESPAZOFAMILIAS que celebraremos o 28 de marzo ás 17:30 no salón de actos da Casa de Cultura de Boiro baixo o título: 

 

Qué teñen os nosos xóvenes na cabeza:

internet, whatsapp, botellón e outras “lerias” do montón.

 

Recolle unha incrición coma esta no centro escolar de referencia e entrégaa antes do luns 25 de marzo.

Agardámoste. 

 

Se tes algunha dúbida consúltanos ou bota un vistazo a información recollida nesta mesma páxina na barra da esquerda_ Familias_ EspazoFamilias.

Grazas 

 

A Xunta directiva de EspazoFamiliaS_Boiro

Para poder levar a cabo a creación do EspazoFamiliaSBoiro tivemos que:

 

1º. Constituírnos como asociación ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo.

 

2º Aprobar os Estatutos que se incorporan na Acta Fundacional.

 

Designar á Xunta Directiva da entidade, cuxa composición de cargos é a seguinte:

 

- Presidenta: Andrea Herrero Pérez

- Vicepresidenta: Sabela Rodríguez García

- Secretaria: María Basavilbaso González

- Tesoreira: J. Gustavo Romero García

- Vogais: Mónica Martínez Louzao e Laura Guitián Castromil

 

O noso logo

Por que?

 

O EspazoFamiliaS_Boiro

Xorde da necesidade sentida polas comunidades escolares dos distintos centros do Concello  de promover novos espazos e tempos para o diálogo e a reflexión educativa entre dous axentes claves: a  Familia e a Escola. Entendemos que é moi importante coordinarnos para brindarlle ás diferentes familias a posibilidade de participar e compartir  actividades formativas que lles faciliten os coñecementos, as estratexias, os instrumentos e o apoio para facer fronte aos novos desafíos educativos da sociedade actual. 

EpazoFamiliaS_Boiro nace cun carácter preventivo ao servizo da comunidade onde a participación directa e o diálogo permitiranos  programar actividades con diferentes pedagoxías dirixidas por especialistas que darán repostas ás necesidades e inquietudes compartidas entre as distintas nais e pais e/ou responsables legais dos diferentes centros escolares.

 

Faladoiros EspazoFamiliasBoiro

Os centros escolares de Boiro levamos tempo traballando para crear un espazo de reflexión e formación que atenda as demandas que nos facedes chegar as diferentes familias. Conseguímolo.

Así que agora e grazas tamén a participación do Centro autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación podemos presentarvos:

 OS PRIMEIROS FALADOIROS DO ESPAZOFAMILIAS_BOIRO.

Casa da cultura de A Cachada

18:00 H

INSCRICIÓNS POR CORREO ELECTRÓNICO OU NO CENTRO ESCOLAR DE REFERENCIA

espazoboiro@gmail.com

Nesta ocasión as ponencias e conversas, que xirarán en torno aos  estilos parentais e as condutas aditivas na adolescencia, levarán o título:

QUE TEÑEN NA SÚA CABEZA?

E contarán con importantes especialistas na materia ( Belén Montesa. Manuel Isorna e Antonio Rial)

  • 28 de marzoQué teñen os nosos xóvenes na cabeza: internet, whatsapp, botellón e outras “lerias” do montón.
  • 11 de abril: Que debo saber ? unha prevención integral: mellora da comunicación e das relacións na familia.
  •  25 de abril: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online.
  •  9 de maioA adolescencia e drogas: botellón e binge drinking, consumo de cannabis, novas sustancias psicoactivas/drogas facilitadoras do asalto sexual. 

 

Contamos con vós. Será moi interesante.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut